Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30744

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO de notificación de sentenza (PO 338/2019).

Eu, Eduardo Paredes Simón, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Santander Consumer E.F.C., S.A. fronte a Iván Darío Cancela Magallanes e Rafael Damián Cancela Magallanes, se ditou sentenza, cuxo extracto é o seguinte:

Sentenza

Betanzos, 17 de febreiro de 2021

Vistos por Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos co nº 338/2019, por instancia da entidade Santander Consumer EFC, S.A., representada pola procuradora Sra. Villalba López e baixo a dirección letrada do Sr. Durán Rodríguez-Hervada, contra Iván Darío Cancela Magallanes e Rafael Damián Cancela Magallanes, declarados en situación procesual de rebeldía

Resolvo

Que, considerando integramente a demanda formulada pola representación procesual da entidade Santander Consumer EFC, S.A., fronte a Iván Darío Cancela Magallanes e Rafael Damián Cancela Magallanes, debo condenar e condeno solidariamente a estes últimos a aboar á entidade demandante a suma de 21.309,12 euros, así como a satisfacer os xuros legais correspondentes, dende a data da reclamación xudicial (29 de maio de 2019), con aplicación dos xuros do artigo 576 da LAC dende a data da presente resolución ata o seu completo e definitivo pagamento.

Todo iso con expresa imposición de custas á parte codemandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así o acordo, mando e asino. Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos e o seu partido xudicial.

E ao estaren os devanditos demandados, Iván Darío Cancela Magallanes e Rafael Damián Cancela Magallanes, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Betanzos, 10 de maio de 2021

O letrado da Administración de xustiza