Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de xuño de 2021 polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de reposición derivado do expediente sancionador coa clave DH.D27.57206.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas (en diante, LPAC), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase aos membros da comunidade de herdeiros da persoa titular do NIF/NIE 33706372X a Resolución do 26 de abril de 2021 ditada no procedemento de reposición derivado do expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D27.57206.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial do Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7, 9, 15781 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Asi mesmo, indícase que poderá interpoñerse recurso de alzada ante a presidencia de Augas de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da LPAC.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia