Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2021 pola que se fai pública a declaración da aldea modelo de Muimenta (Carballeda de Avia, Ourense), a aprobación definitiva da súa guía de ordenación produtiva, a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva ao Banco de Terras de Galicia de determinadas parcelas.

En cumprimento do disposto no artigo 47 ter 8 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na súa introdución e redacción dada polo punto dous do artigo 18 da Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e en cumprimento do disposto no artigo 47 quater 3 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na súa introdución polo número dous do artigo 14 da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, faise pública a declaración da aldea modelo de Muimenta (Carballeda de Avia, Ourense), por Acordo do 12 de novembro de 2019 do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE ms8IHtjGm3, verificable en https://sede.xunta.gal/cve, a aprobación definitiva da súa guía de ordenación produtiva, a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva ao Banco de Terras de Galicia de determinadas parcelas, pola Resolución do 1 de xuño de 2021 do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE znjgsWzUn6, verificable en https://sede.xunta.gal/cve

Contra os citados acordo e resolución, que esgotan a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición, ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 6 e seguintes e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; en ambos os dous casos o prazo contarase desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acto administrativo. Non obstante, poderase interpor calquera outro recurso que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural