Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) San Martín de Gallegos, SAT nº 691 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 30 de novembro de 2020.

b) Tambre, SAT nº 753 Xuga, cancelada de oficio o 19 de xaneiro de 2021, consonte o artigo número 14.2 do Real decreto 1775/1981, do 3 de agosto, despois de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a súa disolución, acordada na asemblea xeral do 31 de decembro de 2019.

c) Estrella de Nogaredo, SAT nº 1105 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 3 de decembro de 2020.

d) Gandeiría Casais, SAT nº 1279 Xuga, cancelada por transformación da entidade en Gandeiría Casais, S.L. por acordo adoptado na asemblea xeral do 30 de setembro de 2020.

e) A Portagándara, SAT nº 1360 Xuga, cancelada por transformación da entidade en Portagándara, S.L. por acordo adoptado na asemblea xeral do 23 de novembro de 2020.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura
e Industrias Agroalimentarias