Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0162/2020-COP e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0162/2020-COP e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e a constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado ese prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 2 de xuño de 2021

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0162/2020-COP

32775096G

Resolución

R/ Cedeira 5 baixo esqda., Ferrol

PSC-FE-0164/2020-PPM

32701010R

Resolución

R/ Rosalía de Castro 3 baixo dta., Mugardos

PSC-FE-0165/2020-PPM

32672547N

Resolución

R/ Mugardos 8-2º I, Ferrol

PSC-FE-0166/2020-PPM

32671471V

Resolución

R/ Mugardos 8-2º esqda., Ferrol

PSC-FE-0188/2020-PPM

32737172F

Resolución

R/ Valdoviño 1 baixo dta. Recimil, Ferrol

PSC-FE-0190/2020-PPM

Y0394931N

Resolución

R/ Orzán 32-3º, A Coruña

PSC-FE-0208/2020-ORS

32721654Z

Resolución

R/ Alegre 37-3º, Ferrol

PSC-FE-0119/2021-PPM

32650854P

Resolución

R/ A Malata 39, Ferrol