Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 30815

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 11 de xuño de 2021 pola que se dispón a renovación dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias. O citado acordo establece ademais a composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, e indica no seu anexo que serán designados dous vogais por parte dos municipios en cuxo termo está localizada a zona de servizo do porto.

Desde a entrada en vigor da Orde FOM/1318/2012, do 6 de xuño, pola que se aproba a primeira modificación do Plan de utilización dos espazos portuarios do porto da Coruña, referida ao ámbito territorial das novas instalacións portuarias en Punta Langosteira, situadas no Concello de Arteixo, resulta necesario que o dito concello estea representado no Consello de Administración xunto co Concello da Coruña.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do Concello de Arteixo,

DISPOÑO:

A renovación de Luis Alberto Castro Calvete como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación do Concello de Arteixo.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2021

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar