Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31154

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) para cualificar este proceso selectivo,

ACORDOU

Primeiro. En sesión que tivo lugar o 8 de abril de 2021, ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, logo de revisar as reclamacións presentadas contra o primeiro exercicio deste proceso selectivo, realizado o 20 de marzo de 2021:

– Acceso libre: anular as preguntas 5, 6, 80, 136 e 142. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas números 151, 152, 154, 158 e 159, respectivamente. Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta número 151, sendo correcta a alternativa a). Desestímanse as restantes reclamacións presentadas ao dito exercicio.

– Promoción interna: anular as preguntas 40, 96 e 102. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas números 111, 115 e 116. Desestímanse as restantes reclamacións presentadas ao dito exercicio.

Segundo. En sesión que tivo lugar o 27 de abril de 2021 e ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas 78, 114 e 125 do primeiro exercicio deste proceso selectivo realizado o 13 de abril de 2021. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 154, 155 e 156. Desestímanse as restantes reclamacións presentadas ao dito exercicio.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1 da convocatoria, o primeiro exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos. Na primeira parte do exercicio será necesario obter un mínimo de oito (8) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Na segunda parte será necesario obter un mínimo de vinte e dúas (22) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Así pois e de conformidade co disposto na citada base, pola Resolución deste tribunal do 1 de marzo de 2021, deuse publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, que establecen que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións, no conxunto de todas as quendas, ata completar o número máximo de douscentos corenta e tres (243), sempre e cando teñan respondido correctamente ao 50 % das preguntas do cuestionario consideradas válidas unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte se considerán igualmente aprobadas, aínda que se superase o número de aspirantes antes indicado (243). Asignarase a valoración de 30 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. As persoas aspirantes que non superen o exercicio serán declaradas non aptas.

Cuarto. Unha vez feita a corrección dos exames en sesión do 20 de maio de 2021, de acordo cos criterios anteriores, acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 243 aspirantes do conxunto de todas as quendas. Fixouse en 88,25 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1 da convocatoria, e acordouse publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados dende o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sétimo. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2021

Luis Miguel Vázquez Carreira
Presidente do tribunal