Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31254

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO do orzamento de 2021.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, en sesión extraordinaria de data 21.5.2021 o orzamento xeral da Mancomunidade para o exercicio 2021, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, polo prazo de 15 días hábiles –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG– co fin de que durante o mesmo os interesados poidan examinalo expediente e formular ante o Pleno as reclamacións que se consideren oportunas.

Sarria, 24 de maio de 2021

Claudio Garrido Martínez
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés