Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31251

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios/as de carreira.

A Concellaría Delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante resolucións do 12.5.2021 e 13.5.2021, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– Santiago Narciso López Fontán, con DNI ***9563**, para ocupar unha praza de técnico/a superior de mantemento de espazos libres da escala de administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

– Yolanda Pazos Costas, con DNI ***8246**, para ocupar unha praza de técnico/a medio/a de xestión da escala de administración xeral, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

– María Luisa Sanmartín Rodríguez, con DNI ***0375**, para ocupar unha praza de técnico/a medio/a de xestión da escala de administración xeral, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

– Javier Montoya Rasero, con DNI ***5471**, para ocupar unha praza de oficial xardiñeiro/a da escala de administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna.

– Carmelo Eiras Bragaña, con DNI ***4055**, para ocupar unha praza de oficial xardiñeiro/a da escala de administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna.

– Roberto González Pérez, con DNI ***1800**, para ocupar unha praza de oficial electricista da escala de administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna.

– Manuel Ángel Lamas Castro, con DNI ***8044**, para ocupar unha praza de oficial electricista da escala de administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna.

– Francisco Javier García Molina, con DNI ***8095**, para ocupar unha praza de oficial condutor mecánico da escala de administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna.

– Diego Costa Casas, con DNI ***8495**, para ocupar unha praza de oficial de obras da escala de administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo as propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren procedente consonte dereito.

Pontevedra, 26 de maio de 2021

P.D. (Acordo Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura