Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 7 de xuño de 2021, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Burela, por parte da mercantil Seafood Legacy Spain, S.L.U., con destino á construción dunha planta tecnolóxica de cría de salmón.

A persoa con DNI 78790924P, actuando en nome e representación da mercantil Seafood Legacy Spain, S.L.U., solicita unha concesión administrativa para ocupación de terreos de dominio público portuario con destino á construción dunha planta tecnolóxica de cría de salmón no porto de Burela.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 7 de xuño de 2021

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte