Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31462

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (173/2020).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo bis da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 173/2020 deste xulgado do social, contra a empresa Suministros Eirís, S.L., sobre procedemento ordinario nº 425/2018, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Fátima García Castro.

A Coruña, 24 de maio de 2021.

Antecedentes de feito:

Primeiro. José Alfonso Márquez Arias presentou solicitude de execución do decreto do 13.11.2020, ditado no procedemento ordinario con nº 425/2018, contra Suministros Eirís, S.L., e atendendo á devandita solicitude, con data do 4.5.2021 este órgano xudicial pronunciou auto despachando orde xeral de execución pola cantidade de 2.000 euros de concepto de principal máis a cantidade de 320 euros orzados para xuros e custas.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Suministros Eirís, S.L., realizada por decreto do 7.12.2018, ditado polo Xulgado do Social número 2, no procedemento de execución nº 116/2018.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, foi pronunciado no 4 de maio de 2021 decreto dando audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para sinalaren, se for o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta nos autos.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Suministros Eirís, S.L., en situación de insolvencia provisoria por importe de 2.000 euros de principal, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñeceren novos bens da executada.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Suministros Eirís, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza