Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica da primeira revisión do Plan forestal de Galicia Plan forestal de Galicia 2021-2040. Cara á neutralidade carbónica (expediente 2016AAE1933).

Faise pública a Resolución do 2 de xuño de 2021 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica da primeira revisión do Plan forestal de Galicia Plan forestal de Galicia 2021-2040. Cara á neutralidade carbónica.

A integración do proceso de avaliación ambiental estratéxica ordinaria no procedemento de elaboración e aprobación dos plans e programas está prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

A declaración ambiental estratéxica pódese consultar no enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1839/2016.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático