Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Soutomaior e Redondela (expediente IN407A 2021/94-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis 77, 28033 Madrid.

Denominación: adecuación LAT 66 kV Pontesampaio-Redondela entre apoios 393 e 418.

Situación: Soutomaior e Redondela.

Características técnicas: adecuación da LAT 66 kV Pontesampaio-Redondela, entre os apoios 393 e 418 (lonxitude 4.225 metros) consistente en:

– Desmontaxe dos apoios 394, 401, 402, 407, 408, 409, 416 e 417.

– Instalación de novos apoios 394N, 402N, 407N, 408N e 416N.

– Substitución dos cables existentes LA-180 e AC50, por otros iguais, entre os apoios 415 e 418 e reinstalación do cable existente no resto dos tramos.

Mantense o trazado e o número de alineacións.

A instalación está situada nos municipios de Soutomaior e Redondela.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 1 de xuño de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020 do 23 de decembro;
DOG núm. 5, do 11.1.2021, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Redondela; lugar: Bouza Fría; titulares: herdeiros de Antonio Martínez Fernández; afección: 6,25 m² para o apoio 416N.