Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31504

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de cociñeiro/a auxiliar, por promoción interna (OPE 2017).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 76, do 23 de abril de 2021, publicáronse integramente as bases, aprobadas mediante a Resolución da Alcaldía 2021-0680, do 22 de marzo de 2021, que rexerán a convocatoria para prover en propiedade unha praza de persoal laboral cociñeiro/a auxiliar (anteriormente denominada oficial 2ª de cociña), mediante a quenda de promoción interna, incluída na oferta de emprego público do ano 2017, que foron publicadas no DOG nº 244, do 27 de decembro.

Denominación

Quenda

Grupo convenio

Cociñeiro/a auxiliar (oficial 2ª cociña)

1

Promoción interna

3.1 (anteriormente 4)

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Ponteareas, 27 de abril de 2021

P.S. (Decreto nº 2020/3135, do 9 de decembro)
Mª Cristina Fernández Davila
Alcaldesa