Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31680

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 16 de xuño de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 21 de setembro de 2020 (DOG núm. 195, do 25 de setembro), modificada polas resolucións do 20 de outubro de 2020 (DOG núm. 218, do 29 de outubro), do 1 de marzo de 2021 (DOG núm. 42, do 3 de marzo) e do 4 de marzo de 2021 (DOG núm. 46, do 9 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 7 xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 3 de xullo de 2021, con horario de chamamento ás 16.30 horas na Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do núm. 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

As persoas aspirantes deberán cumprir en todo momento as normas COVID para procesos selectivos publicadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2021

Eduardo Suárez Campo
Presidente do tribunal