Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31756

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de publicación das bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de oficial IV-peón, mediante o procedemento de concurso-oposición.

Mediante o Decreto desta alcaldía, do 19 de maio de 2021, resolveuse a aprobación das bases dun proceso selectivo para a cobertura dunha praza de oficial IV-peón do Concello de Brión, mediante o procedemento de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña núm. 97, do 26 de maio de 2021.

Ademais, publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Brión.

Brión, 1 de xuño de 2021

Pablo Lago Sanmartín
Alcalde