Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31881

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 10 de xuño de 2021 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 4 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 91, do 18 de maio).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Política Social, mediante a Orde do 4 de maio de 2021 (DOG núm. 91, do 18 de maio), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos/ás funcionarios/as que se expresan no anexo desta orde, seleccionados/as conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 4 de maio de 2021.

Segundo. O cesamento no actual destino dos/das funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar no seu destino os/as funcionarios/as están desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que causen baixa os/as funcionarios/as, así como o daquel en que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO

Nº DNI ou NRP

Apelidos e nome

Grupo

Código do posto

Denominación

Nivel

Centro destino

Localidade

****567046 A1135

Reza Fernández, Jorge

C1

PSC010000015770001

Xefatura de secretaría
do/da conselleiro/a

20

Gabinete conselleiro/a

Santiago de Compostela

****028024 A2060

Cardelle Espasandín, Mercedes Dolores

A1

PSC020000515770001

Subdirector/a xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

30

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

****741335 A2060

Vázquez Sanmartín, Alberto

A1

PSC030000115770001

Subdirector/a xeral de Demografía e Conciliación

30

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Santiago de Compostela