Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31770

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 3 de xuño de 2021 pola que se nomean os membros do Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

O 13 de xaneiro de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, que no seu artigo 5 configura o Consello Reitor como un dos seus órganos de goberno e no seu artigo 7 indica que é o órgano colexiado de goberno de Augas de Galicia.

A composición do Consello Reitor fíxase no artigo 7 do Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, que indica que está integrado pola Presidencia, que lle corresponde a quen desempeñe a de Augas de Galicia, pola Vicepresidencia, que corresponde a quen desempeñe a dirección da entidade, e que, ademais, formarán parte del os seguintes vogais:

a) Once representantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, propostos polas consellerías seguintes:

Cinco serán propostos pola consellería competente en materia de augas.

Un será proposto polas consellerías competentes en materia de administracións públicas, facenda, industria, sanidade, desenvolvemento rural e pesca.

b) Tres vogais representantes das entidades locais propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias, dos cales un deberá ser, chegado o caso da súa creación, proposto polas áreas metropolitanas que se creen.

c) Oito vogais representantes dos usuarios: dous polos usos domésticos da auga; a proposta dun deles corresponderá ás entidades subministradoras e doutro ás comunidades de usuarios e autoabastecemento, dous polos usuarios agrícolas e gandeiros, dous polos usos industriais e dous en representación dos aproveitamentos hidroeléctricos.

d) Un vogal en representación das asociacións non gobernamentais de carácter ambiental máis representativas de Galicia.

e) Un/unha representante da Administración xeral do Estado.

O artigo 7.5 do Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia prevé que o mandato dos representantes dos usuarios dure catro anos e que os vogais cesarán automaticamente cando cesen no cargo polo que foron nomeados ou cando perdan a representación do órgano propoñente.

Así, o 30 de xaneiro de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 24 de xaneiro de 2012 pola que se nomean os membros do Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

O 20 de febreiro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 24 de xaneiro de 2017 pola que se nomean os membros do Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

O 16 de outubro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 7 de outubro de 2019 pola que se nomean membros do Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia, en que se dispoñía a substitución dos vogais titulares e suplentes que cesaron automaticamente.

Procede neste momento efectuar novos nomeamentos do dito Consello Reitor.

Por todo isto, en virtude do establecido no artigo 7.5 do citado estatuto e das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Primeiro. Deixar sen efecto os nomeamentos de vogais titulares e suplentes do Consello Reitor de Augas de Galicia efectuados pola Orde do 24 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 35, do 20 de febreiro) e pola Orde do 7 de outubro de 2019 (DOG núm. 197, do 16 de outubro).

Segundo. Nomear vogais titulares e suplentes do Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia as persoas titulares dos postos que se indican:

a) Once vogais en representación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, propostos por cada unha das consellerías competentes nas seguintes materias:

a.1) Cinco pola consellería competente en materia de augas:

– Titular: a persoa titular da Xerencia de Augas de Galicia.

– Suplente: a persoa titular do Servizo de Planificación e Programación Hidrolóxica.

– Titular, a persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

– Suplente, a persoa titular do Servizo de Tramitación Técnico-Administrativa do Dominio Público Hidráulico.

– Titular, a persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Económico e Financeiro de Augas de Galicia.

– Suplente, a persoa titular do Servizo de Xestión Orzamentaria de Augas de Galicia.

– Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

– Suplente: a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

– Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

– Suplente: a persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

a.2) Un pola consellería competente en materia de administracións públicas:

– Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

– Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

a.3) Un pola consellería competente en materia de facenda:

– Titular: a persoa titular da Subdirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda e Administración Pública.

– Suplente: a persoa titular da Xefatura do Servizo de Seguimento de Políticas de Gasto da Consellería de Facenda e Administración Pública.

a.4) Un pola consellería competente en materia de industria:

– Titular: a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

– Suplente: a persoa titular da Vicesecretaría Xeral da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

a.5) Un pola consellería competente en materia de sanidade:

– Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

– Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde da Consellería de Sanidade.

a.6) Un pola consellería competente en materia de desenvolvemento rural:

– Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural.

– Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias da Consellería de Medio Rural.

a.7) Un pola consellería competente en materia de pesca:

– Titular: a persoa titular da Dirección do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño da Consellería do Mar.

– Suplente: a persoa titular da Subdirección do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño da Consellería do Mar.

b) Tres vogais en representación das entidades locais:

– Titular: a persoa titular da Alcaldía de Cervo.

– Suplente: a persoa titular da Alcaldía de Padrón.

– Titular: a persoa titular da Alcaldía de Vilagarcía de Arousa.

– Suplente: a persoa titular da Secretaría Xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias.

– Titular: a persoa titular da Alcaldía de San Sadurniño.

– Suplente: a persoa titular da Alcaldía de Carballo.

c) Oito vogais representantes dos usuarios:

c.1) Dous en representación dos usos domésticos da auga:

– Titular: a persoa titular da Concellería Delegada da Área de Urbanismo e Infraestruturas, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Contratación, Centro de Recursos Informáticos e Organización Interna do Concello de Ferrol.

– Suplente: a persoa titular da Concellería Delegada da Área de Servizos, Obras, Medio Ambiente, Zona Rural e Participación Cidadá do Concello de Ferrol.

– Titular: a persoa titular da Presidencia da Asociación das Traídas de Augas-Coxapo Galicia.

– Suplente: un/unha técnico/a da Asociación das Traídas de Augas-Coxapo Galicia.

c.2) Dous en representación dos usuarios agrícolas e gandeiros:

– Titular: a persoa responsable do Programa de Desenvolvemento Rural da Asociación Profesional Unións Agrarias UPA (UUAA-UPA)

– Suplente: a persoa responsable do sector lácteo da Asociación Profesional Unións Agrarias UPA (UUAA-UPA)

– Titular: a persoa titular da coordinación do Gabinete Xurídico do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas.

– Suplente: un membro da Dirección Nacional do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas.

c.3) Dous en representación dos usos industriais:

– Titular: a persoa titular dunha das vicepresidencias da Confederación de Empresarios de Galicia.

– Suplente: a persoa titular dunha das vicepresidencias da Confederación de Empresarios de Galicia.

– Titular: a persoa titular da presidencia de Ecoener, empresa asociada á Confederación de Empresarios de Galicia.

– Suplente: un vogal do Comité Executivo da Confederación de Empresarios de Galicia.

c.4) Dous en representación dos aproveitamentos hidroeléctricos:

– Titular: a persoa titular da Dirección de Hidráulicas de Naturgy Generación, S.L.U.

– Suplente: a persoa titular da Unidade de Produción Hidráulica Noroeste de Endesa Generación, S.A.

– Titular: a persoa titular da Dirección de Enerxía e Promoción de Energía de Galicia, S.A.

– Suplente: o/a socio/a xestor/a de Eléctrica de Cedeira, S.L.

d) Un en representación das asociacións non gobernamentais de carácter ambiental máis representativas de Galicia:

– Titular: a persoa titular da vogalía de Auga e Ríos da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.

– Suplente: a persoa titular da Presidencia da Sociedade Galega de Historia Natural.

e) Un en representación da Administración xeral do Estado:

– Titular: a persoa titular da Presidencia da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

– Suplente: a persoa titular da Xefatura de Planificación Hidrolóxica da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Terceiro. Esta orde producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2021

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade