Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31964

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Crecente para desenvolver as facultades de recadación das multas de tráfico, así como as competencias propias da fase instrutora e a colaboración na tramitación do procedemento sancionador en materia de tráfico.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de maio de 2021, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Crecente, mediante acordo do Pleno, na sesión do 25 de marzo de 2021, para desenvolver as facultades de recadación (voluntaria e executiva) das multas de tráfico, así como as competencias propias da fase instrutora e a colaboración na tramitación do procedemento sancionador en materia de tráfico.

A citada delegación realizaraa a Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 1 de xuño de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra