Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31886

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2021 pola que se aproba e fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir sete prazas da categoría profesional técnico/a de investigación, área química-física, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 5 de abril de 2021 (DOG do 14 de abril e BOE do 29 de abril), convocáronse probas selectivas para cubrir sete prazas da categoría profesional técnico/a de investigación, área química-física, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela