Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31960

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO do proceso selectivo dunha praza de técnico deportivo.

Mediante o Decreto desta alcaldía, do 14 de xuño de 2021, aprobáronse a convocatoria e as bases que rexerán o proceso de selección para unha praza de funcionario de carreira de técnico deportivo no Concello de Valdoviño, polo sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 113, do 17 de xuño de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O anuncio da listaxe provisional de admitidos e excluídos e a listaxe definitiva publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Valdoviño, 17 de xuño de 2021

Alberto González Fernández
Alcalde