Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Anxeriz (ampliación), no concello de Friol (expediente 1/2019).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 2.6.2021 baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Miguel Ángel Cela González, Josefina Pereira de la Riera e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Nome: Anxeriz (ampliación).

– Pertenza: veciños da parroquia de Anxeriz.

– Parroquia: Santa María de Anxeriz.

– Concello: Friol.

– Superficie: 0,37 hectáreas.

Na seguinte táboa diferéncianse dúas zonas coas referencias catastrais das parcelas clasificadas, así como das estremeiras. Os planos que figuran no anexo I, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Zona

Parcela obxecto de clasificación

Estrema

Parcela estremeira

1

27020A24000220

Norte

27020A25309004

Leste

27020A24000208

Sur

27020A24000208

Oeste

27020A25309004

2

27020A22200015

27020A22200014

27020A22100116

Norte

27020A22109010

Leste

27020A22209003

Sur

27020A22209003

27020A22200017

27020A22200018

Oeste

27020A22209004

27020A22109009

Tendo en conta esta ampliación, o MVMC de Anxeriz conta cunha superficie global de 468,21 hectáreas.

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. O anterior, en relación co precepto legal recollido no artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e no artigo 28 do seu regulamento.

Lugo, 4 de xuño de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

missing image file
missing image file