Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 9 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT TUI803 en Bouza Abalada, nos concellos de Tui e Tomiño.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT TUI803 en Bouza Abalada, nos concellos de Tui e Tomiño, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 9 de xuño de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/165-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT TUI803 en Bouza Abalada.

Concellos: Tui e Tomiño.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade

Enderezo

Data

Hora

Concello

1

36055A078003680000UY

Bouza Abalada

Descoñecida

Descoñecido

21 de setembro de 2021

11.00

Tui

2

36055A037008590000EB

Bouza Abalada

Descoñecida

Descoñecido

21 de setembro de 2021

12.00

Tomiño