Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32253

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 473/2020).

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente,

Anuncio:

Que no presente procedemento de xuízo ordinario 473/2020, seguido por instancia de María Jesús Fraga Rodríguez e Manuel Fraga Rodríguez, representado pola procuradora María Teresa Outeriño Acuña contra Jesús Fraga Rodríguez e Severino Rito Fraga Rodríguez, foi ditada a Sentenza nº 11/2021, do 26 de xaneiro de 2021.

E encontrándose Jesús Fraga Rodríguez en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que sirva de notificación en forma, ficando o contido da sentenza na secretaría deste xulgado.

Santiago de Compostela,19 de maio de 2021

O letrado da Administración de xustiza