Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 28 de xuño de 2021 Páx. 32709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 9 de xuño de 2021 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 23 de outubro de 2017 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/171/2014-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 11 de maio de 2021, resolución pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a resolución do 23.10.2017, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación de planta baixa, de forma retangular, con cuberta a dúas augas con chapa grecada de tipoloxía residencial, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, no lugar de Carballido, Mosteiro, no termo municipal de Outeiro de Rei, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Enrique Pérez Rodríguez, mediante este anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme ao disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística