Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 28 de xuño de 2021 Páx. 32735

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO do estudo de detalle para a ordenación da parcela E.1.3 da vía H do parque empresarial das Gándaras (adaptación ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia).

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 27.5.2021, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar, en cumprimento do establecido na disposición transitoria primeira das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, aprobadas pola Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 10 de outubro de 2019 (DOG nº 224, do 25 de novembro), a adaptación a elas do estudo de detalle para a ordenación da parcela E.1.3 da vía H do parque empresarial das Gándaras, formulado pola mercantil Vazmar Lucus, S.L. e redactado pola arquitecta Ana Rodríguez Fernández, aprobado definitivamente polo acordo plenario do 29.10.2020.

Segundo. Proceder á publicación deste acordo no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro deste estudo de detalle a disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG a que fai referencia o anterior acordo, proceder á remisión dun exemplar deste estudo de detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de planeamento urbanístico de Galicia, inscrición que é requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, procederase á publicación do anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificarlles este acordo aos interesados, indicándolles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que coiden conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico:

http://concellodelugo.gal/es/actuaciones/normativa-urbanistica

Lugo, 18 de xuño de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto 2973/2021)
Álvaro Santos Ramos
Tenente de alcaldesa delegado da Área de Sostibilidade Urbana