Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Boitirado, no concello de Riotorto (expediente 7/2019).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 2.6.2021 baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Miguel Ángel Cela González, Josefina Pereira de la Riera e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Nome: Boitirado.

– Pertenza: veciños do lugar de Augasoxa.

– Parroquia: Muxueira.

– Concello: Riotorto.

– Superficie: 16,6 hectáreas.

Na seguinte táboa indícanse as referencias catastrais das parcelas clasificadas así como das estremeiras. O plano que figura no anexo I, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcelas clasificadas

Parcelas colindantes

27054B00103011 (parcialmente)

27054B00103076 (parcialmente) 27054B00103075 (parcialmente)

Norte

27027A02601285 (Trabada)

Leste

27054B00103076 (Trabada)

27054B00103075 (Trabada)

27054B00103011 (Trabada)

Sur

27048A11200021

27054B00103011 (A Pontenova)

Oeste

27054B00100036

27054B00100035

27054B00100034

27054B00100031

27054B00100032

27054B00100029

27054B00109004

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. O anterior, en relación co precepto legal recollido no artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e no artigo 28 do seu regulamento.

Lugo, 7 de xuño de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file