Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de requirimentos de documentación en relación co recurso de alzada de bases definitivas respecto do proceso de concentración parcelaria da zona de Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán-Busto (Lalín).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural en Lalín-Pontevedra (rúa Polideportivo, nº 1, baixo) (teléfono: 886 15 94 54), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día da súa publicación.

Pontevedra, 9 de xuño de 2021

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

Rec. 283

33216687H

Notificación requirimento

Rec. 283

33208468X

Notificación requirimento

Rec. 283

33233994Y

Notificación requirimento