Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32808

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 11 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións para compensar os acuicultores que tivesen perdas de produción entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2020 como consecuencia do brote da COVID-19, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento PE205J).

BDNS (Identif.): 571782.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas acuícolas titulares de establecementos de acuicultura que visen reducida a súa produción entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2020 como consecuencia da pandemia da COVID-19, sempre que as perdas sexan de polo menos un 20 % en relación cos ingresos medios para o mesmo período nos 3 anos anteriores (2017, 2018 e 2019). No caso de empresas con menos de tres anos de actividade, estas deberán ter actividade durante polo menos o ano natural 2019 completo.

O establecemento de acuicultura deberá ser titularidade da empresa solicitante durante o período de referencia indicado, 1 de febreiro de 2017 ao 31 de decembro de 2020. No caso de empresas con menos de tres anos de actividade, deberá ser titular do establecemento desde, polo menos, o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de decembro de 2020.

Para os efectos desta orde, considérase empresa acuícola as persoas físicas ou xurídicas, titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Finalidade

Esta orde, con código de procedemento PE205J, ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas destinadas a compensar os acuicultores pola redución da produción que tivese lugar entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2020 como consecuencia do brote da COVID-19 e que se enmarcan nas medidas recollidas no artigo 55 do Regulamento (UE) nº 508/2014, modificado polo Regulamento (UE) nº 2020/560.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións para compensar os acuicultores que tivesen perdas de produción entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2020 como consecuencia do brote da COVID-19, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento PE205J).

Cuarto. Importe

As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.723A.772.1, que figura na Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021. Os importes máximos das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario ascenderán a 3.500.000,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte á publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar