Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense (expediente PR204A 2020/3722-3 e doce máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense, na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 3 de xuño de 2021

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/Equivalente

PR204A2020/3722-3

44446212T

PR204A2020/4402-3

X6720577T

PR204A2020/4777-3

X3053822C

PR204A2021/50-3

X4722603J

PR204A2021/71-3

33329561P

PR204A2021/715-3

34958669A

PR204A2021/1248-3

34973598M

PR204A2021/1251-3

09326495H

PR204A2021/1256-3

44657240A

PR204A2021/1283-3

34600796X

PR204A2021/1339-3

34953623V

PR204A2021/1340-3

X2784524Y

PR204A2021/1421-3

76717294N