Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 9 de xuño de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 109/2021, fronte á Resolución do 10 de decembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial (Diario Oficial de Galicia número 256, do 22 de decembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 109/2021, fronte á Resolución do 10 de decembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial (DOG núm. 256, do 22 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública