Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32981

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO para lembrar o cumprimento das obrigas legais sobre prevención e defensa contra os incendios forestais (expediente 2021Biom000054).

Referencia ao artigo concreto que habilita a publicación no DOG: artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Suposto de feito concorrente: titulares descoñecidos.

Para os efectos de garantir o trámite da notificación, procédese á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, co seguinte contido:

Comunicación para lembrar o cumprimento das obrigas legais sobre prevención e defensa contra os incendios forestais.

Expediente: 2021Biom000054.

Datos catastrais das parcelas e identificación das persoas/entidades responsables e título polo cal son consideradas como tales:

Referencia catastral

Enderezo

Titular

15074A008003640000KJ

Avenida da Constitución/lugar de Redaira

Francisca Cayón

DNI: ---

15074A008003650000KE

José Ayaso Suárez

DNI: ---

15074A008003660000KS

Herdeiros de María Paisal

DNI: ---

15074A008003680000KU

Francisco Regueira Martínez

DNI: ---

15074A008003690000KH

Carmen Suárez Vila

DNI: ---

15074A008003700000KZ

Francisca Veira Pena

DNI: ---

15074A008003710000KU

Ángela Basoco

DNI: ---

15074A008003750000KB

Francisca Cayón

DNI: ---

15074A008003760000KY

En investigación

Título/procedencia dos datos: listado IBI.

Feitos que motivan a comunicación ou o requirimento e modo de constatación destes:

Vexetación accesoria de especies non permitidas na faixa de protección das vivendas.

Concreta obriga incumprida co seu fundamento legal:

Obriga de xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano, excepto nos supostos en que, pola extensión ou especial dificultade dos labores de xestión de biomasa ou retirada de especies, sexa necesaria a elaboración dunha planificación anual das actuacións, conforme o artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Os mesmos criterios aplican con carácter subsidiario en solo urbano.

Traballos que realizarán os titulares/responsables dos terreos:

Eliminación de todo tipo de vexetación accesoria de especies non permitidas na faixa da rede secundaria de xestión de biomasa.

Poda de árbores na faixa da rede secundaria de xestión de biomasa. Árbores de 0-11,4 m, poda ata 1/3 da altura, árbores >11,4 m, poda mínimo 4 m).

Prazo máximo para o cumprimento voluntario, que se computará desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación ou do requirimento ou da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e será de quince (15) días naturais.

Apercibimento:

Apercíbese de que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo outorgado, procederase á execución subsidiaria sen máis trámites.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento ten a obriga legal de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria. Este último ten a facultade de acceder sen necesidade de consentimento da persoa titular, excepto naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución.

Liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a referida execución subsidiaria, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, tras o transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados, de ser o caso, os traballos:

A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa.

Liquidación provisional: non estimada.

Advertencia:

En caso de persistencia no incumprimento tras o transcurso do prazo outorgado, iniciarse tamén o correspondente procedemento sancionador.

De conformidade co establecido polo artigo 54 da Lei 3/2007, do 9 de abril, as competencias para incoar, instruír e resolver os procedementos sancionadores por infraccións derivadas do incumprimento das obrigas incluídas no ámbito de aplicación desta instrución corresponden: a) Aos concellos nos supostos de incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa e arredor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións, sempre que se encontren en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural. b) Á Administración xeral da Comunidade Autónoma en todos os demais casos.

O incumprimento da obriga de xestionar a biomasa conforme o previsto nos artigos 21, 21 ter e 22 e na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, está tipificado como infracción en materia de incendios forestais (artigo 50.2.1). Cualificación: leve (artigo 51.3.b). Sanción prevista: multa desde 100 ata 1.000 euros (artigo 74.a da Lei 43/2003, do 21 de novembro, segundo o previsto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril).

Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Normativa aplicable:

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Ribeira, 9 de xuño de 2021

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde