Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 30 de xuño de 2021 Páx. 33292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 9 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2021814AECO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2021814AECO incoado a 32682197W.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións, ante a Xefatura Territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 9 de xuño de 2021

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2021814AECO.

DNI/NIF/CIF: 32682197W.

Último enderezo coñecido: estrada Cruz de Arriba, nº 17, baixo, 15405 Ferrol.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.