Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 30 de xuño de 2021 Páx. 33304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 11 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de terminación por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2021112AE-LU por infracción en materia de saúde pública.

O día 10 de maio de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución de terminación por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2021112AE-LU incoado á persoa titular do NIE X9185128D.

Intentouse notificar a resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido da citada resolución.

A resolución non pon fin á vía administrativa e poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 114, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A persoa interesada ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 11 de xuño de 2021

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2021112AE-LU.

NIE da persoa interesada: X9185128D.

Último enderezo coñecido: rúa Leopoldo Calvo Sotelo, 184, 4º B, 27400 Monforte de Lemos.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia de saúde pública.