Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 30 de xuño de 2021 Páx. 33347

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para o acceso a unha praza de intendente, sete prazas de inspectores e dez prazas de oficiais da Policía local, en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e de persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019, foi publicada unha modificación desas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 138, do 19 de xuño de 2021, foron publicadas as resolucións relativas á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, os seguintes procesos selectivos:

Decreto nº 5188/2021, do 16.6.2021: unha praza de intendente, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de policía local e auxiliares, escala técnica do subgrupo A1. Sistema selectivo: concurso oposición. Quenda: promoción interna.

Decreto nº 5187/2021, do 16.6.2021: sete prazas de inspector da Policía local, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de policía local e auxiliares, escala executiva do subgrupo A2. Sistema selectivo: concurso oposición. Quenda: promoción interna.

Decreto nº 5089/2021, do 14.6.2021: dez prazas de oficial da Policía local, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de policía local e auxiliares, escala básica do subgrupo C1. Sistema selectivo: concurso oposición. Quenda: promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 21 de xuño de 2021

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, da Xunta de Goberno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenente alcalde delegada da Área de Gobernanza
de Economía e Recursos Humanos