Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 1 de xullo de 2021 Páx. 33362

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 17 de xuño de 2021 pola que se nomean os membros integrantes do Consello de Bioética de Galicia.

A Orde do 16 de outubro de 2015 pola que se regulan as funcións, a composición e o funcionamento do Consello de Bioética de Galicia, indica no seu artigo 3, relativo á súa composición, que este consello estará integrado por un máximo de vinte persoas membros, que deberán dispor de titulación en Ciencias da Saúde, Humanidades ou Ciencias Xurídicas e Sociais. Polo menos a metade deles deberá ter formación en bioética.

As persoas membros do Consello de Bioética de Galicia serán nomeadas e apartadas pola persoa titular da consellería con competencias en materia de sanidade por un período de tres anos, prorrogables por outro período de igual duración. Tanto o nomeamento como o cesamento serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Orde do 16 de novembro de 2015 nomeáronse os membros do Consello de Bioética de Galicia por un período de tres anos e a súa prórroga por igual período. Expirados estes períodos, procédese á renovación da composición do Consello.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34.12 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Proceder á renovación da composición do Consello de Bioética de Galicia e nomear as persoas membros integrantes do Consello, que queda composto da forma indicada no anexo.

Disposición derrogatoria única

Queda derrogada a Orde do 16 de novembro de 2015 pola que se renovan os membros integrantes da Comisión Galega de Bioética, así como cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido nesta orde.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Composición do Consello de Bioética de Galicia

Juan Antonio Garrido Sanjuán

Ana Concheiro Guisán

Rosendo Bugarín González

Ana Guillén Vilanova

Xurxo Hervada Vidal

Victoria Lojo Vicente

María Francisca Ponte García

Antonio Rodríguez Núñez

Silvia Sánchez Radio

Carmen Solloso Blanco

Mónica Suárez Berea

Isabel Vila Iglesias

Juan Carlos Vázquez Barro

Yolanda Triñanes Pego

Inés del Río Pastoriza

Miguel Vieito Villar

Jesús Martínez Carracedo

Andrea Gallego Valdeiglesias

María Carolina Pereira Sáez