Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 1 de xullo de 2021 Páx. 33614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia en dilixencias por incumprimento en materia de montes.

De conformidade co disposto no artigo 68.bis.3. da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e debido á infrutuosa notificación dun requirimento para a retirada dunha repoboación forestal ilegal, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os actos foron adoptados polo xefe do Servizo de Montes.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 13.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa finalización.

Lugo, 10 de xuño de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

NIF persoa interesada

Referencia catastral da parcela afectada

Acto de notificación

DMM 347/2020

33556526D

27900A405001130000HI

Requirimento