Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 1 de xullo de 2021 Páx. 33617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente INC-CO-0063-2020 IPR.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A Coruña, 11 de xuño de 2021

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0063-2020 IPR.

DNI denunciado: 44834258J.

Acto de notificación: resolución.