Eu, Manuel Rodríguez González, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, por este edicto anuncio:
Neste procedemento de xuízo verbal 583/2020, seguido por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A. fronte a Sonia Virginia Rodríguez San Martín, pronunciouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:
«Sentenza 34/2021.
Vigo, 9 de febreiro de 2021.
Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Vigo, estes autos de xuízo verbal que co número 583/2020 se seguen por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A., que compareceu representada pola procuradora María Jesús Gómez Molins e foi dirixida pola letrada Merçé Boloix Mascarell, contra Sonia Virginia Rodríguez San Martín, declarada en situación procesual de rebeldía, os cales teñen por obxecto pretensión de reclamación de cantidade baseada nun contrato de préstamo.
Resolvo:
Acollo totalmente a demanda interposta por Abanca Corporación Bancaria, S.A. contra Sonia Virginia Rodríguez San Martín e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:
1º. Declaro resolto o contrato de préstamo formalizado o 27 de febreiro de 2018 entre a entidade demandante e Sonia Virginia Rodríguez San Martín, e condeno esta última a aboarlle a aquela a cantidade de 1.067,33 euros. A dita cantidade reportará o xuro legal do diñeiro, contado desde a data da reclamación xudicial.
2º. Condeno a Sonia Virginia Rodríguez San Martín a pagar as custas deste proceso.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que é firme e que contra ela non cabe formular recurso de ningún tipo.
Así o acordo, mando e asino».
Ao encontrarse esta demandada, Sonia Virginia Rodríguez San Martín, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Vigo, 17 de febreiro de 2021
O letrado da Administración de xustiza


