Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 1 de xullo de 2021 Páx. 33626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2021 pola que se fai pública a formalización do encargo co medio propio personificado Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) para a execución do servizo de apoio á zona hidrográfica Galicia Sur de Augas de Galicia na tramitación de autorizacións de usos privativos por disposición legal, concesións de augas e obras e traballos en zona de policía de leitos.

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización do encargo realizada cunha empresa pública na súa condición de medio propio personificado, expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e nos artigos 31 e 32 e na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público e demais normativa que resulta de aplicación:

1. Datos xerais.

– Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

– Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

– Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

– Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

– Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado e servizo técnico do poder adxudicador.

2. Encargo.

– Título e obxecto: servizo de apoio á zona hidrográfica Galicia Sur de Augas de Galicia na tramitación de autorizacións de usos privativos por disposición legal, concesións de augas e obras e traballos en zona de policía de leitos.

– Clave do expediente: ENC.21003.

– Código CPV (referencia de nomenclatura): 71300000-1 (servizos de enxeñaría).

– Empresa destinataria do encargo: Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

– Data de aprobación: 8 de xuño de 2021.

– Data de formalización: 9 de xuño de 2021.

– Orzamento: 39.044,39 euros (actuación non suxeita a IVE).

– Importe total previsto do gasto: 78.088,78 euros. Inclúe o orzamento inicial e as eventuais prórrogas previstas do encargo.

– Prazo de execución: 12 meses, con previsión de prórrogas con incremento do gasto ata un máximo de 12 meses e sen prexuízo da/das ampliación/s do prazo de execución da prestación obxecto do encargo que sexan necesarias sen incremento do gasto.

Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 10 de xuño de 2021.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia