Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 2 de xullo de 2021 Páx. 34013

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO de proceso selectivo para unha praza de técnico de museos.

Mediante Decreto desta Alcaldía do 21 de xuño de 2021 aprobouse a convocatoria e as bases que rexerán o proceso de selección para unha praza de funcionario de carreira de técnico de museos no Concello de Valdoviño, polo sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 118, do 25 de xuño de 2021, publicáronse íntegramente as bases que rexerán o proceso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O anuncio da listaxe provisional de admitidos e excluídos e a listaxe definitiva publicarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.

Valdoviño, 25 de xuño de 2021

Alberto González Fernández
Alcalde