Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 5 de xullo de 2021 Páx. 34414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2021510AE-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 28 de maio de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2021510AE-OU incoado ao titular do NIE Y8019097T, con enderezo na estrada San Fiz, nº 2, 32574 Maside (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do NIE Y8019097T, con enderezo na estrada San Fiz, nº 2, 32574 Maside (Ourense) o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións, ante a Xefatura Territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1. da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción, establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 17 de xuño de 2021

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 2021510AE-OU.

DNI/NIF/CIF/NIE: Y8019097T.

Último enderezo coñecido: estrada San Fiz, nº 2, 32574 Maside (Ourense).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Decreto 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causada polo SARS-CoV-2 (DOG número 223-Bis, do 4 de novembro).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: trescentos euros (300 €).