Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 5 de xullo de 2021 Páx. 34265

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.

De conformidade co establecido no Decreto 30/2019, do 14 de marzo, e no Decreto 75/2021, do 8 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para os anos 2019 e 2021, respectivamente, este centro directivo, logo da elaboración pola Comisión Técnica de Procesos Selectivos e posterior negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación, e en uso das competencias que lle atribúen o artigo 18 do Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 208, do 31 de outubro), e o artigo 7 da Orde do 22 de abril de 2020, de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 82, do 29 de abril de 2020), resolve convocar concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, de acordo coas seguintes

Bases

I. Normas xerais.

1.1. Prazas.

1.1.1. Convócase concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.

1.1.2. O número de prazas que se convoca neste proceso selectivo é o que se especifica para cada unha das categorías no anexo I desta resolución, con expresión diferenciada das prazas polo seu sistema de acceso.

1.2. Sistemas de acceso.

As persoas interesadas poderán participar neste proceso selectivo por algún dos seguintes sistemas de aceso: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.

Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Logo de finalizado o prazo de inscrición non se permitirá ningún cambio na modalidade de acceso.

Como excepción, os/as aspirantes que soliciten participar pola quenda de discapacidade e non dispoñan ao tempo de presentar a inscrición, malia telo solicitado, do certificado de recoñecemento do grao de discapacidade emitido polo órgano competente deberán sinalar no formulario electrónico de inscrición a dita circunstancia no espazo habilitado para o efecto, efectuar o pagamento da taxa correspondente e achegar a solicitude de recoñecemento de discapacidade presentada.

Neste suposto resultará admitido/a pola quenda de discapacidade e poderá solicitar o reintegro da taxa aboada sempre que acredite documentalmente ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % nos termos exixidos na convocatoria, o último día do prazo de presentación de reclamacións contra a listaxe provisional de admitidos/excluídos. Noutro suposto resultará admitido polo sistema de acceso libre.

1.3. Persoas con discapacidade.

1.3.1. De conformidade co establecido na lexislación do emprego público de Galicia, o artigo 8 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e o artigo 6 do Decreto 30/2019, do 14 de marzo, e do Decreto 75/2021, do 8 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público para os anos 2019 e 2021, respectivamente, resérvase o número de prazas que se concreta no anexo I para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

1.3.2. No suposto de que algún/algunha aspirante con discapacidade que se presente pola cota de reserva supere o proceso selectivo e non obteña praza na citada cota, se a súa puntuación é superior á obtida por outros/as aspirantes da quenda de acceso libre, será incluído/a pola súa orde de puntuación na quenda de acceso libre.

1.3.3. Os/as aspirantes con discapacidade, opten ou non opten por participar na quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios. Os/as interesados/as, agás causas sobrevidas, deberán formular a correspondente petición concreta na solicitude de participación, na cal deberán reflectir con claridade as necesidades específicas que ten o/a candidato/a para acceder ao proceso de selección en condicións de igualdade, e deberán achegar o ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade competente, acreditando de forma fidedigna a/s deficiencia/s permanente/s que deron orixe ao grao de discapacidade recoñecido.

As solicitudes de adaptación serán resoltas polo órgano de selección. Para tal efecto, o tribunal poderá requirir informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou dos demais órganos competentes. A adaptación non se outorgará de forma automática, senón unicamente naqueles casos en que a discapacidade garde relación directa coa proba que se vaia realizar.

1.3.4. Co fin de garantir a protección da saúde dos/das aspirantes que superen definitivamente o proceso selectivo pola quenda de reserva de persoas con discapacidade, efectuarase unha avaliación inicial da súa saúde que permita adoptar as medidas preventivas e de protección necesarias para evitar que se poidan ver afectados/as de xeito singular por algún risco laboral identificado no seu posto de traballo. A dita avaliación será realizada pola Unidade Periférica de Prevención de Riscos Laborais de referencia para o centro de xestión a que pertenza a praza adxudicada.

1.3.5. Segundo o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, se as prazas reservadas e que as persoas con discapacidade cubrisen non acadan a porcentaxe do tres por cento das prazas convocadas na correspondente oferta de emprego público, as prazas non cubertas do número total das reservadas acumularanse á porcentaxe do sete por cento da oferta seguinte, cun límite máximo do doce por cento. Noutro caso, as prazas reservadas á quenda de discapacidade, non cubertas, acumularanse a acceso libre.

1.4. Promoción interna.

1.4.1. De conformidade co establecido no artigo 25.1 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, o artigo 5 do Decreto 30/2019, do 14 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público de persoal estatutario para o ano 2019, e o artigo 5 do Decreto 75/2021, do 8 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público de persoal estatutario para o ano 2021, resérvase o 50 % do total das prazas que se convocan en cada categoría para a súa provisión polo sistema de promoción interna.

1.4.2. Cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas, computarase como unha praza que se incluirá nesta reserva.

1.4.3. As prazas da quenda de promoción interna que non sexan cubertas acumularanse ás da quenda de acceso libre.

II. Requisitos.

As persoas interesadas en participar neste proceso deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e no momento da toma de posesión como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos comúns para todas as quendas de acceso.

2.1.1. Nacionalidade:

a) Posuír a nacionalidade española ou a dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, estar incluído no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos cales sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as ou ter recoñecido tal dereito por norma legal.

b) Así mesmo, poderán participar o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, así como os seus descendentes e os do seu cónxuxe, que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

2.1.2. Idade: ter feitos os dezaseis anos de idade e non exceder a idade de xubilación forzosa legalmente vixente.

2.1.3. Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do correspondente nomeamento.

2.1.4. Habilitación: non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a por sanción ou pena para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

2.1.5. Titulación: estar en posesión da titulación que se especifica no anexo I desta resolución ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de titulacións extracomunitarias ou obtidas noutro Estado membro da Unión Europea, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para os efectos profesionais, respectivamente.

2.1.6. Protección xurídica do menor. Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, de conformidade coa previsión contida no artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia.

2.1.7. Aboar as taxas por dereito de exame, de ser o caso.

Non poderán formalizar a súa inscrición no proceso selectivo as persoas que reunisen na dita data a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría.

2.2. Requisitos específicos.

2.2.1. Persoas con discapacidade.

Ademais dos requisitos anteriores, os/as aspirantes que se presenten pola quenda de persoas con discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

2.2.2. Promoción interna.

As persoas aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais dos requisitos indicados no número 2.1, os seguintes requisitos:

1º. Ter a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría de nivel académico igual ou inferior a aquela a que se pretende acceder.

2º. Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.

Ao persoal integrado no réxime estatutario seralle computado, para os efectos do prazo dos dous anos, o tempo de servizos prestados como funcionario/a de carreira ou laboral fixo.

No suposto de perda dalgún dos requisitos enumerados nesta base, as persoas aspirantes poderán ser excluídas do proceso mediante resolución motivada do órgano convocante.

2.3. Taxas.

2.3.1. Formalización do pagamento das taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, como requisito necesario para participar no proceso selectivo deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe da taxa que se indica a seguir e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Categoría

Taxa

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

32,48 €

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

37,27 €

Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información

43,30 €

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación como o sinalado no anexo VII. Tal impreso, así como os códigos para a súa formalización, seranlles facilitados ás persoas interesadas nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e estarán dispoñibles na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe de emprego público. A non presentación deste impreso de autoliquidación –en que deberá figurar a data e o selo da entidade bancaria–, xunto co formulario de inscrición no proceso, determinará a exclusión da persoa aspirante.

Poderase tamén realizar o pagamento da taxa pola internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da oficina virtual na páxina web do Cixtec (www.cixtec.es) e premer a ligazón Oficina Virtual-Tributaria (cor azul), entrar a servizos de acceso libre e taxas, prezos, multas e sancións. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de ter aboada a taxa (modelo 730), que será o que se presente xunto coa solicitude.

Así mesmo, o/a solicitante poderá facer efectivo o pagamento da taxa a través de Fides/expedient-e, habilitándose unha ligazón directa ao sistema de pagamento electrónico de taxas da Consellería de Facenda. Neste suposto, non será necesaria a presentación do xustificante de ter aboada a correspondente taxa xunto coa solicitude.

En ambos os supostos, a presentación do xustificante de aboamento non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso.

2.3.2 Exención e bonificación no aboamento da taxa.

Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada:

– Polas persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

– Polas persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso a seguinte documentación:

– Copia compulsada da cualificación de discapacidade.

– Copia compulsada do título oficial de familia numerosa, de carácter ordinario ou especial.

– Certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e da antigüidade como demandante de emprego expedida polo Servizo Público de Emprego.

2.3.3. Devolución de taxas.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, aos/ás aspirantes excluídos/as que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

2.4. Rexistro electrónico dos requisitos de participación.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán declarar no formulario electrónico de inscrición que reúnen todos os requisitos de participación exixidos nesta convocatoria segundo a quenda de acceso pola que opten. Ao formulario electrónico de inscrición accederase a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) na epígrafe Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE.

2.5. Prazo e procedemento de acreditación dos requisitos de participación.

2.5.1. As persoas aspirantes, excepto no suposto e respecto da documentación que se sinala na base 2.6, deberán presentar xunto coa solicitude de participación, e dentro do prazo de presentación de instancias, a seguinte documentación:

1. Fotocopia do documento nacional de identidade, pasaporte ou número de identidade estranxeiro en vigor.

Os/as aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar neste proceso selectivo segundo o disposto na base 2.1.1.b) deberán presentar copia compulsada da tarxeta de residencia de familiar de cidadán da Unión Europea en vigor.

2. Xustificante de ter aboado os dereitos de exame. As persoas exentas ou con bonificación no pagamento das taxas deberán presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito, nos termos exixidos na base 2.3.2.

3. Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría ou a documentación acreditativa de estar en condicións de obtelo, nos termos previstos nos anexos I e V desta resolución.

Deberá presentarse tradución xurada ou equivalente, segundo o disposto no anexo V, daqueles títulos que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá achegarse ademais o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou recoñecemento.

O/a aspirante non terá a obriga de achegar a documentación acreditativa da titulación cando esta conste como validada (V) en FIDES/expedient-e.

2.5.2. As persoas que accedan pola quenda de discapacidade deberán presentar, ademais da documentación anterior, copia compulsada do documento que lle acredite ter recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento, expedido polo órgano competente para o recoñecemento e cualificación do grao de discapacidade.

2.5.3. As persoas que accedan pola quenda de promoción interna non terán que presentar a documentación acreditativa da súa identidade.

2.5.4. A falta de acreditación pola persoa interesada dos requisitos de participación determinará a súa exclusión do proceso de selección.

2.5.5. En todo caso, a autoridade convocante reservarase o dereito a exixir que se acredite convenientemente a existencia ou non dos requisitos de participación e idoneidade dos/das aspirantes, en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

2.6. Verificación dos requisitos de participación a través da plataforma de intermediación.

2.6.1. Excepto no suposto de oposición expresa do/da aspirante manifestada no espazo habilitado para o efecto no formulario electrónico de inscrición no proceso (Fides/expedient-e), o órgano convocante procederá a verificar na plataforma de intermediación (PasaXe!) a seguinte documentación acreditativa dos requisitos de participación:

– DNI/NIE.

– Certificado de discapacidade expedido por un órgano da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Condición de demandante de emprego no territorio nacional e de non ser perceptor de prestación ou subsidio por desemprego.

– Título de familia numerosa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Fóra destes supostos ou cando conste a oposición expresa á súa consulta, os/as aspirantes deberán presentar a documentación acreditativa de todos os requisitos nos termos que se indican na base 2.5.

2.6.2. Se unha incidencia técnica debidamente acreditada imposibilitase o funcionamento ordinario dos sistemas, o órgano convocante poderalle requirir ao/á aspirante a acreditación en papel de todos os requisitos de participación.

III. Méritos.

3.1. Méritos para valorar.

Os méritos que se deberán ter en conta na fase de concurso deste proceso serán os recollidos no anexo IV e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Tales méritos deberán estar debidamente rexistrados no sistema informático Fides/expedient-e e acreditados documentalmente pola persoa interesada na forma e prazos que se indican nesta convocatoria.

3.2. Rexistro electrónico e acreditación de méritos.

3.2.1. Para o rexistro electrónico dos méritos, os/as aspirantes deberán proceder da seguinte forma:

As persoas interesadas accederán a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) ao expediente electrónico do profesional (FIDES/expedient-e), segundo se indica no anexo VI destas bases e comprobarán os datos do seu currículo baremables no proceso de selección que constan rexistrados na aplicación informática, así como o seu estado.

Se non consta ningunha información ou está incompleta, a persoa aspirante, ata o último día do prazo de presentación de solicitudes, deberá rexistrar no sistema Fides/Expediente-e os méritos que posúe para os efectos da súa valoración na fase de concurso. Logo do seu rexistro electrónico, deberá imprimir a solicitude de validación, que estará dispoñible na aplicación informática na epígrafe de «informe».

A solicitude de validación para este proceso dirixirase a unha unidade de validación das relacionadas no formulario electrónico de inscrición e poderá presentarse ata o último día do prazo de presentación de instancias en rexistro administrativo, electrónico ou presencial, ou a través de calquera dos procedementos que se indican na base 5.2.

3.2.2. Xunto coa solicitude de validación, o/a aspirante deberá achegar a documentación acreditativa dos méritos que figuren pendentes de validación nos termos que se indican no anexo V. Só se admitirá como medio de acreditación válido o que se indica para cada un dos méritos no indicado anexo.

A documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse na orde en que figura cada un dos méritos na solicitude de validación.

3.2.3. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva non se admitirá, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e para os efectos da súa valoración neste proceso, ningunha documentación acreditativa de novos méritos aínda que consten rexistrados no expediente electrónico, agás aquela documentación que, exixida no anexo V e constando documentalmente ter sido solicitada polo/a interesado/a ao organismo ou entidade competente no prazo de presentación de solicitudes ou nun momento anterior, esta non fose recepcionada polo/a interesado/a no indicado prazo, suposto en que se admitirá a súa presentación no prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos.

Fóra deste suposto e prazo non se admitirá a presentación de ningunha documentación acreditativa de novos méritos.

3.2.4. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, solicitasen, mediante a achega da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se encontre validado ou pendente de catalogar pola Administración, non terán que presentar novamente a documentación acreditativa de tal/es mérito/s, agás a complementaria que resulte necesaria para a súa actualización.

É responsabilidade do/da aspirante a actualización de méritos consonte a data de referencia deste proceso mediante a presentación de novos certificados. No suposto de que non se produza tal actualización, só se terán en conta os achegados inicialmente.

3.2.5. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, solicitasen, mediante a presentación da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que estea pendente de validar, deberán presentar, de ser o caso, dentro do prazo de presentación de solicitudes, a documentación complementaria para acreditar debidamente o mérito nos termos do anexo V.

3.2.6. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, rexistrasen no sistema informático os seus méritos, que figuren como pendentes de validar sen que presentasen ningunha documentación acreditativa deles, deberán solicitar a súa validación e acreditar documentalmente a súa posesión nos termos do anexo V, dentro do prazo de presentación de instancias, para que poidan ser, se é o caso, valorados no dito procedemento.

3.2.7. Non será necesaria a acreditación documental do cumprimento dos seguintes méritos:

– A experiencia profesional como persoal estatutario nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

– A formación recibida e impartida pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.

3.2.8. A Administración poderá requirir, en calquera momento, a achega de documentación complementaria acreditativa de calquera requisito ou mérito aínda que conste validado.

3.2.9. Para os efectos deste proceso, e sen prexuízo da súa validación e catalogación nun momento posterior, poderán deixarse sen validar e catalogar no expediente electrónico persoal do/da aspirante aqueles méritos que non teñan incidencia na puntuación que se vai asignar na fase de concurso por ter acadado o/a aspirante, cos méritos xa validados e catalogados, a puntuación máxima na respectiva epígrafe do baremo.

3.2.10. Os méritos que na data de publicación desta convocatoria figuren como validados en Fides/expedient-e permanecerán no dito estado, agás nos supostos en que se aprecie un erro de validación que obrigue á súa modificación.

Os méritos que non consten rexistrados no sistema informático na data de finalización do prazo de presentación de instancias non serán obxecto de valoración.

IV. Acreditacion do coñecemento da lingua galega.

Para os efectos de resultar exento/a da realización do exercicio de lingua galega, aqueles/as aspirantes de calquera quenda de acceso que estean en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, deberán rexistrar este na epígrafe «idiomas» do expedient-e e achegar copia compulsada del dentro do prazo de presentación da solicitude de participación, salvo que xa conste este título como validado no expedient-e.

Admitirase a súa acreditación ata o último día do prazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de admitidos/excluidos.

As persoas aspirantes que non acheguen a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega nos termos establecidos nesta base deberán realizar o exercicio de lingua galega.

V. Solicitude.

5.1. Formulario de inscrición.

5.1.1. As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo VI, e que logo de formalizada electronicamente deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos números 5.2 e 5.3, respectivamente.

O/a aspirante deberá seleccionar no formulario electrónico de inscrición o idioma, galego ou castelán, en que desexa que se lle facilite, na data de exame, o cuestionario de preguntas da parte común e específica da fase de oposición.

5.1.2. Non se admitirán as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura no formulario de participación ou en calquera dos documentos acreditativos dos requisitos de participación.

As modificacións que, con carácter excepcional, resulte necesario que efectúe o/a aspirante nalgún dos datos contidos na solicitude de participación impresa efectuaranse mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación á cal se dirixa a instancia de participación e no cal se indicará con claridade a modificación que se pretende.

Tal solicitude de modificación deberá presentarse, xunto coa instancia que modifica ou copia desta, a través do procedemento e prazo previstos na cláusula 5.2 e 5.3 desta convocatoria.

Transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirán as modificacións das solicitudes previamente presentadas.

5.1.3. Os/as aspirantes con discapacidade que o precisen deberán sinalar na solicitude as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, de conformidade co establecido na base 1.3.

5.1.4. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

5.1.5. O domicilio que figure nas solicitudes considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, e será responsabilidade exclusiva do/a aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación ao Servizo Galego de Saúde de calquera cambio del. O mesmo será aplicable aos outros medios de comunicación posibles, como os teléfonos de contacto e o correo electrónico.

A Administración convocante poderá comunicar a través de Fides/expedient-e, de forma xeral ou individualizadamente, calquera nova que se produza no desenvolvemento do proceso.

5.1.6. Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación exixida na base 2.5, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico que non acreditase nos termos da base 3.2 e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

5.2. Lugar de presentación.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para o rexistro electrónico da solicitude requirirase dun certificado dixital válido: FNMT, DNI electrónico ou Camerfirma.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no número tres desta base, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán a seguir ao organismo competente.

5.3. Prazo de presentación.

As solicitudes de participación poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de agosto de 2021, ambos os días incluídos.

VI. Admisión de aspirantes.

6.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión, así como os aspirantes exentos e non exentos da realización do exercicio acreditativo do coñecemento de lingua galega.

6.2. Os/as aspirantes excluídos/as e os/as declarados/as non exentos/as da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poderen corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión ou a non exención do exercicio de lingua galega.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

6.3. Non se poderá emendar a presentación da solicitude fóra do prazo habilitado para este efecto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución pola que se aprobe a listaxe definitivo de admitidos/as e excluídos/as, así como a listaxe definitiva de exentos e non exentos do exercicio acreditativo do coñecemento da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Contra tal resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se recoñeza aos/ás interesados/as a posesión de todos os requisitos exixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprendese que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación no procedemento.

VII. Tribunal.

7.1. A composición dos tribunais de selección será paritaria para o conxunto da oferta de emprego do Servizo Galego de Saúde.

7.2. Os tribunais cualificadores do concurso-oposición para cada unha das categorías convocadas serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, e publicarase para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sen prexuízo das competencias de ordenación material e temporal propias do órgano convocante, corresponden aos tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas, a cualificación dos/das aspirantes, a emisión de cantos informes sexan requiridos derivados da súa intervención no proceso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento das probas selectivas e a resolución de incidencias.

7.3. Os tribunais terán a súa sede, para os efectos de comunicacións, envío de documentación ou incidencias, na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, situada en San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

7.4. Os tribunais estarán compostos por un número de membros non inferior a cinco e deberá designarse o mesmo número de membros suplentes.

De conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, e non poderán posuír esta en representación ou por conta de ninguén.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte do órgano de selección.

Os membros dos tribunais terán a condición de persoal funcionario de carreira ou estatutario fixo das administracións públicas ou dos servizos de saúde, ou de persoal laboral fixo dos centros vinculados ao Sistema nacional de saúde, en praza ou categoría para a cal se exixa posuír titulación de nivel académico igual ou superior á exixida para o ingreso.

Os tribunais poderán proporlle ao órgano convocante a incorporación aos seus traballos dos/das asesores/as especialistas ou de apoio que consideren oportunos. Os/as ditos/as asesores/as limitaranse a prestar a súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto.

7.5. Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra neles/as algunha circunstancia das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e no Acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010, ou realicen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas da correspondente categoría nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/a presidente/a deberá solicitar dos/das membros do tribunal declaración expresa de non estaren incursos/as nas circunstancias previstas no citado artigo 23 da Lei de réxime xurídico do sector público nin nas demais causas de abstención previstas nesta base. Esta declaración deberá ser tamén realizada polos/as asesores/as especialistas previstos e polo persoal auxiliar que o tribunal incorpore aos seus traballos.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar os membros do tribunal e demais persoal colaborador cando concorra neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 24 da Lei de réxime xurídico do sector público.

7.6. A autoridade convocante publicará, de ser o caso, no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os/as novos/as membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

7.7. Logo da convocatoria do/a presidente/a, constituirase cada tribunal coa asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes, coa presenza en todo caso do/da presidente/a e do/da secretario/a. Na dita sesión, o tribunal adoptará as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a asistencia da maioría dos seus membros, con presenza, en todo caso, do/da presidente/a e do/da secretario/a.

Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá decidir a autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

Das sesións que realice o tribunal redactarase a correspondente acta, que será asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.

Resultarán de aplicación á constitución e funcionamento dos órganos de selección as disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

7.8. Os acordos dos tribunais que supoñan para o/a interesado/a a imposibilidade de continuar o procedemento poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

7.9. Os tribunais que actúen no proceso selectivo terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, actualizado pola Resolución do 20 de xuño de 2008 (DOG nº 138, do 17 de xullo), segundo o acorde o órgano competente na materia.

VIII. Procedemento de selección.

Procedemento de selección.

De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, o sistema de selección será o de concurso-oposición.

8.1. Fase de oposición.

8.1.1. A fase de oposición consistirá na realización dos exercicios que se enumeran no anexo III desta resolución e coa forma e sistema de cualificación nel descritos.

O exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos os dous inclusive) terá carácter obrigatorio e non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, coa excepción daqueles/as que participen pola quenda de promoción interna, que estarán exentos/as da súa realización.

O exercicio da parte específica do programa terá carácter obrigatorio e eliminatorio.

O exercicio que acredita o coñecemento da lingua galega terá carácter obrigatorio non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, coa excepción dos/das que acreditasen posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

As respostas incorrectas, nos exercicios tipo test, penalizaranse coa puntuación negativa que resulte de aplicar un vinte e cinco por cento da puntuación asignada á resposta correcta.

No suposto en que deba anularse un número de preguntas dun exercicio superior ao de reserva, o valor de cada resposta correcta será o que resulte de dividir a puntuación máxima acadable no respectivo exercicio entre o número de preguntas válidas que finalmente resulten.

8.1.2. Os/as aspirantes que non superen ou non obteñan o cincuenta por cento da puntuación fixada como máxima no anexo correspondente a cada un dos exercicios de carácter eliminatorio resultarán eliminados/as.

8.1.3. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios tipo test da fase de oposición sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/das aspirantes. Cando finalicen os exercicios tipo test entregarase a cada aspirante a folla autocopiativa do seu exame. O modelo coas respostas correctas publicarase con posterioridade na páxina web www.sergas.es

Facilitaráselles aos/ás aspirantes o acceso ao cuestionario de preguntas logo da finalización dos exercicios.

8.1.4. Os exercicios da fase de oposición realizaranse no lugar e hora que se fixe nunha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, cun prazo mínimo de antelación de cinco días hábiles, ademais de poder ser anticipada para os efectos informativos na web www.sergas.es

De conformidade co establecido no artigo 15 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, poderanse realizar exercicios conxuntos para varias categorías/especialidades, así como varios exercicios, na mesma data, para a mesma categoría en unidade de acto e de tempo, mesmo cambiando a orde de realización destes. Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil, reloxos ou soportes con memoria, e queda prohibido o acceso ao recinto de realización das probas con tales dispositivos; constitúe causa de inadmisión ao chamamento a simple tenza deles.

8.1.5. En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos/as coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

8.1.6. Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio nun único chamamento e serán excluídos/as do concurso-oposición os/as que non comparezan. En todo caso, para garantir a unidade de acto, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

8.1.7. No marco das previsións do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, o Servizo Galego de Saúde permitiralles ás mulleres embarazadas ou que teñan dado a luz, e que por estes motivos estean ingresadas no mesmo día do exame, facer os distintos exercicios da fase de oposición derivados deste proceso selectivo. Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados nos chamamentos para a realización dos exames, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desprazará a un centro hospitalario radicado na Comunidade Autónoma de Galicia unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que tivesen posto en coñecemento do órgano convocante, cunha antelación mínima de 72 horas á data de realización do exame, a situación de embarazo e a súa vontade de realizar a proba no centro sanitario para o suposto de estaren ingresadas na data da súa realización e se tivese recibido na Dirección Xeral de Recursos Humanos comunicación e xustificación do seu ingreso en centro hospitalario por tal motivo con anterioridade á realización dos exercicios.

Por razóns temporais e organizativas, unicamente serán atendidas as solicitudes de desprazamento a centro sanitario pola causa exposta que consten debidamente xustificadas na Dirección Xeral de Recursos Humanos cunha antelación mínima de cinco horas á publicada no Diario Oficial de Galicia como hora de inicio das probas.

Para os efectos do disposto nesta base, só se admitirá como medio válido de comunicación o seguinte enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es

8.1.8. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún/ha dos/as aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos exixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do/da interesado/a, deberá propor a súa exclusión á autoridade convocante. Do mesmo xeito, o tribunal deberá dar conta das inexactitudes ou falsidades en que puidesen incorrer os/as aspirantes, para os efectos procedentes.

8.1.9. Establécese un prazo único de cinco días hábiles seguintes á publicación dos modelos provisionais de respostas para que os/as interesados/as poidan presentar reclamación contra os exercicios.

Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións presentadas, modifica a opción de resposta válida ou anula algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Neste último caso serán tidas en conta as preguntas de reserva, que terán unha puntuación igual que o resto das preguntas do correspondente exercicio.

A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións provisionais e as respostas definitivas dos distintos exercicios, que se efectuará na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

8.1.10. Logo da publicación das puntuacións provisionais dos exercicios, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da dita publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida. A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Se no mesmo período o tribunal, de oficio, apreciase algún erro na confección aritmética da puntuación obtida na fase de oposición por algún/ha aspirante, poderá proceder á súa corrección.

8.1.11. Poderá superar a fase de oposición un número de aspirantes superior ao das prazas convocadas na correspondente categoría.

8.1.12. Finalizada na súa totalidade a fase de oposición, publicarase no Diario Oficial de Galicia o acordo de finalización desta fase do proceso.

8.2. Fase de concurso

8.2.1. De acordo co establecido no artigo 23.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, modificado polo Decreto 236/2008, do 16 de outubro, a valoración da fase de concurso non poderá exceder o corenta por cento da puntuación máxima atinxible no proceso selectivo.

8.2.2. O tribunal poderá requirir, de oficio, dos/das aspirantes ou de calquera Administración pública a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegurar a máxima obxectividade na adxudicación da puntuación nesta fase de concurso.

8.2.3. Realizada polo tribunal a baremación correspondente, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nas distintos epígrafes, así como a valoración total da fase de concurso.

Contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.2.4. Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.2.5. O sistema de desempate efectuarase a favor dos/das aspirantes que tivesen a maior puntuación na fase de oposición no seu conxunto e, de persistir o empate, pola maior puntuación nos exercicios da parte específica e común do programa, por esta orde. De persistir aínda o empate, dirimirase a favor do/da aspirante con maior puntuación na fase de concurso e, de ser necesario, sucesivamente por cada epígrafe da fase de concurso e pola súa orde. De seguir existindo méritos iguais entre dúas ou máis persoas candidatas, dirimirase o desempate a favor da persoa aspirante do xénero infrarrepresentado na categoría a que opta. Para rematar, decidirá a maior idade do/da aspirante.

Enténdese, para estes efectos, a existencia de infrarrepresentación cando na categoría/especialidade obxecto de convocatoria exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos, entre o número de mulleres e o número de homes.

8.2.6. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá ser aplicada para superar a fase de oposición.

IX. Relación de aspirantes seleccionados/as e elección de destino.

9.1. Os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución prevista no número 8.2.4, para presentar a seguinte documentación:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

d) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

e) Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.

9.2. Os/as que dentro do prazo fixado non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

9.3. Comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as.

En ningún caso se poderá declarar que superou o concurso-oposición un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas. Tal declaración será nula de pleno dereito.

9.4. Nesta mesma resolución aprobarase a relación, por institución sanitaria, de prazas que se oferten aos/ás aspirantes seleccionados/as e o procedemento e o prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

9.5. De acordo co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, as prazas vacantes que se oferten corresponderán sempre a prazas básicas da correspondente categoría.

9.6. As prazas adxudicaranse entre os/as aspirantes pola orde de puntuación acadada no concurso-oposición, con preferencia a favor dos/das aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna e segundo a prelación de destino/s que tivesen efectuado, que terá carácter vinculante e irrenunciable.

9.7. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitarlle á autoridade convocante, no prazo previsto na base 9.1, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante decidirá a dita alteración cando se encontre debidamente xustificada e deberá limitarse a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

9.8. O/a aspirante que, no prazo e conforme o procedemento que se estableza, non tivese seleccionado todos os destinos que se oferten pola orde de prelación que considere, e non resultase adxudicatario/a de ningún polos que optase, non poderá ser nomeado/a e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. Neste suposto, a autoridade convocante procederá ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, coa finalidade de que manifesten a súa opción por elas, logo de acreditación do cumprimento dos requisitos exixidos. Esta opción realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva.

X. Nomeamento e toma de posesión.

10.1. Unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, con nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo as persoas aspirantes seleccionadas que no momento de expedir o correspondente nomeamento se encontren en situación de incapacidade permanente total para a profesión habitual, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez ou tivesen a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría noutro servizo de saúde.

10.2. Os/as nomeados/as disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo deste prazo iniciarase ao día seguinte ao da publicación a que se refire o punto anterior. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas levará aparellado o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

10.3. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (DOG nº 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación, que serán impartidas polo Servizo Galego de Saúde.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionado/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente convalidada.

XI. Norma derradeira.

11.1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, o tribunal encargado de xulgar o concurso-oposición e os/as que participen nel.

11.2. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polo tribunal, pola autoridade convocante ou o órgano encargado da xestión poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

11.3. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2021

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

Anexo I

Prazas e titulacións

Categoría

Subgrupo

Acceso libre

Promoción interna

Reserva discapacidade

Total

Titulación

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

C1

5

6

1

12

Título de técnico/a especialista na rama Informática ou título de técnico/a superior na familia de Informática e Comunicación.

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

A2

4

4

8

Título universitario oficial de grao, diplomado/a universitario/a, enxeñeiro/a técnico/a, arquitecto/a técnico/a ou equivalente.

Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información

A1

2

2

4

Título universitario oficial de grao, licenciado/a universitario/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou equivalente.

Anexo II

Programa das probas selectivas

Parte común.

Tema 1. A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2. Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.

Tema 3. A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4. A Lei de saúde de Galicia: o Sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: disposicións que a regulan.

Tema 5. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.

Tema 7. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

Tema 8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

Os textos legais serán os vixentes na data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se proceda ao nomeamento dos tribunais de cualificación.

Parte específica.

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

Xestión do servizo nas TIC.

Tema 1. A biblioteca de infraestrutura TI (ITIL.v4). ISO 20.000. Implementación e configuración de ferramentas de xestión de Helpdesk baseadas en ITIL.

Aspectos legais.

Tema 2. Normativa sobre protección de datos. Regulamento (UE) nº 2016/679, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos). Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Tema 3. Decreto polo que se regula o uso e o acceso á historia clínica electrónica. Decreto de receita electrónica. Decreto polo que se regula o uso da tarxeta sanitaria para a identificación de pacientes e profesionais en Galicia.

Sistemas de información.

Tema 4. Modelo entidade-relación. Modelo relacional. Normalización. Modelos de base de datos semiestruturados.

Tema 5. Sistemas de xestión de bases de datos. Bases de datos NoSQL. Monitores transaccionais.

Tema 6. SQL. Linguaxe de definición de datos (DDL). Linguaxe de manipulación de datos (DML) e DCL. Xquery.

Tema 7. Sistemas de xestión de contidos. E-learning. Accesibilidade e usabilidade. W3C.

Tema 8. Motores de busca. Ferramentas colaborativas. Correo electrónico. Web 2.0. Redes sociais. Escritorios virtuais. P2P.

Tema 9. Ferramentas ofimáticas. Procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos, presentacións.

Sistemas de información en saúde.

Tema 10. Sistemas de información para a saúde pública. Sistemas de información e sistemas de xestión de pacientes en atención primaria e hospitais. Sistema poboacional e tarxeta sanitaria. Sistemas de xestión de recursos humanos. Sistema de xestión económica e subministracións.

Tema 11. Sistemas de información clínica: telemedicina. Telemonitorización. Historia clínica e receita electrónica. Imaxe dixital e PAC. Sistema de historia clínica do Sistema nacional de saúde. Proxectos de intercambio de información clínica.

Tema 12. Interoperabilidade na contorna sanitaria. Estándares tecnolóxicos no ámbito sanitario: DICOM, HL7, CDA, IHE, CEN TC/251, AEN/CTN 139, IEEE Continua alliance. Implementación de mensaxaría HL7 sobre buses de integración.

Arquitectura dos sistemas de información.

Tema 13. Modelo de capas: servidores de aplicación, servidores de datos, granxas de servidores.

Tema 14. Arquitectura de aplicacións nas plataformas NET e JEE e PHP. Arquitectura SOA. Servizos web. Tecnoloxías XML.

Tema 15. Arquitectura das redes intranet e internet: concepto, estrutura e características. A súa implementación nas organizacións.

Tema 16. Frameworks para o desenvolvemento de aplicacións. MVC. Solucións de persistencia. Linguaxes de script.

Enxeñaría do software.

Tema 17. Metodoloxías de desenvolvemento de sistemas de información. Métrica 3. RUP. Metodoloxías áxiles.

Tema 18. Técnicas de programación. Programación estruturada. Programación orientada a obxectos. Enxeñaría inversa e reenxeñaría.

Tema 19. Métodos de proba do software. Fundamentos. Caixa negra e caixa branca. Estratexias e tipos de proba do software. Ferramentas para a xestión e automatización das probas.

Seguridade nos sistemas de información.

Tema 20. Seguridade informática: autenticación, integridade, confidencialidade, dispoñibilidade, rastrexabilidade. Análise e xestión de riscos.

Tema 21. Virus e outro software maligno avanzado. Ameazas persistentes avanzadas (APT). Tipos. Medios preventivos e reactivos. Sistemas antivirus e de protección. Sistemas de protección ante malware avanzado.

Tema 22. Certificados dixitais. Tarxetas criptográficas. Sinatura dixital. Técnicas de cifraxe. Infraestrutura de clave pública (PKI).

Tema 23. Seguridade en contornos de rede privados. Servizos de directorio. Xestión de identidades. Single sign-on. Acceso remoto. VPN. Protección da seguridade nos diferentes elementos da infraestrutura TIC (servidores, posto cliente, equipos de comunicacións e outros).

Tema 24. Plataformas de protección: devasa de nova xeración, devasas de aplicacións web, protección ante ataques DDOS, IDS/IPS. Arquitectura de seguridade en redes. Elementos de seguridade para a internet.

Tema 25. Análise e xestión de vulnerabilidades. Probas de intrusión.

Telecomunicacións.

Tema 26. Modelo OSI. Redes LAN, MAN e WAN. Estrutura de redes: troncal, distribución acceso. Redes públicas de transmisión de datos. Protocolos de rede.

Tema 27. Tecnoloxías de acceso: redes de telefonía móbil, cable, redes de fibra óptica, MetroEthernet.

Tema 28. Redes de fibra óptica. Redes de nova xeración.

Tema 29. Tecnoloxías sen fíos: Bluetooth, wi-fi. RFID. NFC.

Tema 30. Protocolo TCP/IP: enderezamento e sistemas de nomes de dominio. Protocolos IP, ICMP, TCP, UDP. Encamiñamento. Aplicacións básicas: Telnet, FTP (TFTP) e SMTP.

Tema 31. Redes de área local. Topoloxías. Redes Ethernet. Redes conmutadas e redes virtuais. Xestión de redes. Sistemas de cablaxe. Electrónica de rede: repetidores, concentradores, pontes, conmutadores, encamiñadores, pasarelas.

Infraestrutura de sistemas.

Tema 32. Equipamento hardware. Servidores. Posto de traballo. Dispositivos persoais.

Tema 33. Sistema operativo UNIX-LINUX. Sistema operativo Windows.

Tema 34. Servidores de mensaxaría. Sistemas de correo. Sistemas de directorio e protocolo de acceso LDAP.

Tema 35. Servidores de aplicacións e servidores web. Contedores de aplicacións.

Tema 36. Instalacións de centro de procesos de datos (electricidade, control de acceso, control de presenza, sistema antincendios, climatización, sistemas de alimentación ininterrompida).

Tema 37. Virtualización de servidores. Virtualización do almacenamento. Virtualización do posto cliente. Computación baseada en servidor (SBC). Green IT e eficiencia enerxética.

Tema 38. Redes SAN e elementos dun SAN. Redes de almacenamento: topoloxías, protocolos, elementos de conexión. Sistemas de almacenamento: arquitecturas e compoñentes. Servidores: HBA e Software MultiPath.

Tema 39. Sistemas de backup: hardware e software de backup. Replicación local e remota, recuperación da información.

Tema 40. Administración e xestión de redes e sistemas de almacenamento. Virtualización do almacenamento. Xestión do ciclo de vida da información (ILM).

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

Xestión das TIC.

Tema 1. Xestión de proxectos. Planificación do proxecto. Xestión do alcance. Xestión do custo. Orzamentos. Xestión do tempo. Técnicas de planificación. Xestión da calidade. Plan de calidade. Xestión de RRHH. Capacidades do responsable de proxecto. Xestión das comunicacións. Xestión do risco. Continxencias. Xestión da subcontratación e adquisicións. PMBOK e metodoloxías de xestión de proxectos.

Tema 2. A biblioteca de infraestrutura TI (ITIL.v4). ISO 20.000. Implementación e configuración de ferramentas de xestión de Helpdesk baseadas en ITIL.

Aspectos legais.

Tema 3. Esquema nacional de seguridade no ámbito da Administración electrónica (Real decreto 3/2010 e Real decreto 951/2015, que modifica o Real decreto 3/2010). Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica. Lei 56/2007, de medidas de impulso da sociedade da información. Lei 6/2020, reguladora de determinados aspectos dos servizos electrónicos de confianza.

Tema 4. Normativa no ámbito da propiedade intelectual. A protección xurídica dos programas de ordenador. Tipos de licenzas. Software de fontes abertas (FLOSS).

Tema 5. Normativa sobre protección de datos. Regulamento (UE) 2016/679, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos). Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Tema 6. Decreto polo que se regula o uso e o acceso á historia clínica electrónica. Decreto de receita electrónica. Decreto polo que se regula o uso da tarxeta sanitaria para a identificación de pacientes e profesionais en Galicia.

Sistemas de información.

Tema 7. Modelo entidade-relación. Modelo relacional. Normalización. Modelos de base de datos semiestruturados.

Tema 8. Sistemas de xestión de bases de datos. Bases de datos NoSQL. Monitores transaccionais.

Tema 9. SQL. Linguaxe de definición de datos (DDL). Linguaxe de manipulación de datos (DML) e DCL. Xquery.

Tema 10. Sistemas CRM (Customer Relationship Management) e ERP (Enterprise Resource Planning). Sistemas BPM (Business Process Management). Sistemas de xestión documental.

Tema 11. Sistemas de intelixencia de negocio (business intelligence): Datawarehouse. Data Marts. Arquitectura. Análise multidimensional e arquitecturas OLAP. ROLAP/MOLAP/HOLAP. Minaría de datos. Big Data.

Tema 12. Sistemas de xestión de contidos. E-learning. Accesibilidade e usabilidade. W3C. Datos abertos (OpenData).

Tema 13. Motores de busca. Ferramentas colaborativas. Correo electrónico. Web 2.0. Redes sociais. Sindicación de contidos. Escritorios virtuais. P2P. Web semántica.

Tema 14. Sistemas de información xeográfica.

Sistemas de información en saúde.

Tema 15. Sistemas de información para a saúde pública. Sistemas de información e sistemas de xestión de pacientes en atención primaria e hospitais. Sistema poboacional e tarxeta sanitaria. Sistemas de xestión de recursos humanos. Sistemas de xestión económica e subministracións.

Tema 16. Sistemas de información clínica: telemedicina. Telemonitorización. Historia clínica e receita electrónica. Imaxe dixital e PAC. Sistema de historia clínica do Sistema nacional de saúde. Proxectos europeos de intercambio de información clínica.

Tema 17. Interoperabilidade no contorno sanitario. Estándares tecnolóxicos no ámbito sanitario: DICOM, HL7, CDA, IHE, CEN, TC/251, AEN/CTN 139, IEEE Continua alliance. Implementación de mensaxaría HL7 sobre buses de integración.

Arquitectura dos sistemas de información.

Tema 18. Modelo de capas: servidores de aplicacións, servidores de datos, granxas de servidores.

Tema 19. Arquitectura de aplicacións nas plataformas.NET e JEE e PHP. Arquitectura SOA. Servizos web. Tecnoloxías XML.

Tema 20. Arquitectura das redes intranet e internet: concepto, estrutura e características. A súa implementación nas organizacións.

Tema 21. Frameworks para o desenvolvemento de aplicacións. MVC. Solucións de persistencia. Linguaxes de script.

Tema 22. Aplicacións da internet enriquecidas (RIA). Frameworks AJAX. Desenvolvementos para dispositivos móbiles.

Tema 23. Buses de integración. Implementación de canles de integración. Modelos orientados a eventos.

Enxeñaría do software.

Tema 24. Enxeñaría do software. Proceso software, modelos de proceso software. Ciclos de vida. Modelos de ciclo de vida. Fases do ciclo de vida. Modelos de desenvolvemento.

Tema 25. Metodoloxías de desenvolvemento de sistemas de información. Métrica 3. RUP. Metodoloxías áxiles.

Tema 26. Enxeñaría de requisitos: especificación, verificación, validación, xestión do cambio.

Tema 27. Técnicas de programación. Programación estruturada. Programación e análise orientada a obxectos. Linguaxe unificada de modelaxe (UML). Enxeñaría inversa e reenxeñaría.

Tema 28. Métodos de proba do software. Fundamentos. Estratexia de proba do software: verificación e validación. Caixa negra e caixa branca. Probas de contorno e aplicacións especializadas. Probas funcionais. Probas de integración. Probas de regresión. Probas de validación. Ferramentas para a xestión e automatización de probas. Integración continua. Control de código fonte, construción automatizada, control da calidade do código.

Tema 29. Madureza da enxeñaría de procesos de software: CMMI, ISO 15504.

Seguridade nos sistemas de información.

Tema 30. Seguridade informática: autenticación, integridade, confidencialidade, dispoñibilidade, rastrexabilidade. Análise e xestión de riscos. Metodoloxía Magerit.

Tema 31. Sistemas de xestión da seguridade da información: normas da serie ISO 27.000. Centros de operacións de ciberseguridade (CERT/CSIRT).

Tema 32. Virus e outro software maligno avanzado. Ameazas persistentes avanzadas (APT). Tipos. Medios preventivos e reactivos. Sistemas antivirus e de protección. Sistemas de protección ante malware avanzado (solucións de sandboxing).

Tema 33. Certificados dixitais. Tarxetas criptográficas. Sinatura dixital. Técnicas de cifraxe. Infraestrutura de clave pública (PKI).

Tema 34. Seguridade en contornos de rede privados. Servizos de directorio. Xestión de identidades. Single sign-on. Acceso remoto. VPN. Técnicas de cifraxe. Protección da seguridade nos diferentes elementos da infraestrutura TIC (servidores, posto cliente, equipos de comunicacións e outros).

Tema 35. Plataformas de protección: devasas de nova xeración, devasas de aplicacións web, protección ante ataques DDOS, IDS/IPS. Sistemas de xestión de eventos e información de seguridade (SIEM). Arquitectura de seguridade en redes. Elementos de seguridade para a internet.

Tema 36. Seguridade en dispositivos móbiles. Solucións MDM e estratexias BYOD.

Tema 37. Análise e xestión de vulnerabilidades. Auditorías técnicas de seguridade. Probas de intrusión. Análise forense de incidentes de seguridade.

Telecomunicacións.

Tema 38. Modelo OSI. Redes LAN, MAN e WAN. Estrutura de redes: troncal, distribución acceso. Redes públicas de transmisión de datos. Protocolos de rede. SDN.

Tema 39. Tecnoloxías de acceso: redes de telefonía móbil, cable, redes de fibra óptica, MetroEthernet.

Tema 40. Tecnoloxías de transporte: DWDM, MPLS. Redes de fibra óptica. Redes de nova xeración (NGN).

Tema 41. Tecnoloxías sen fíos: Bluetooth, wi-fi. RFID. NFC.

Tema 42. Protocolo TCP/IP: enderezamento e sistemas de nomes de dominio (DNS). Protocolos IP, ICMP, TCP, UDP. Encamiñamento. Aplicacións básicas: Telnet, FTP (TFTP) e SMTP.

Tema 43. Redes de área local. Topoloxías. Redes Ethernet. Redes conmutadas e redes virtuais. Xestión de redes. Sistemas de cableado. Electrónica de rede: repetidores, concentradores, pontes, conmutadores, encamiñadores, pasarelas.

Infraestrutura de sistemas.

Tema 44. Equipamento hardware. Servidores. Posto de traballo. Dispositivos persoais.

Tema 45. Concepto, evolución e tendencias dos sistemas operativos. Sistema operativo UNIX-LINUX. Sistema operativo Windows.

Tema 46. Servidores de mensaxaría. Sistemas de correo. Sistemas de directorio e protocolo de acceso LDAP.

Tema 47. Servidores de aplicacións e servidores web. Contedores de aplicacións. Estratexias de monitorización das aplicacións.

Tema 48. Deseño de centro de procesos de datos. Instalacións (electricidade, control de acceso, control de presenza, sistema antincendios, climatización, sistemas de alimentación ininterrompida).

Tema 49. Virtualización de servidores. Virtualización do almacenamento. Virtualización do posto cliente. Tecnoloxías de contedores. Computación baseada en servidor (SBC). Grid Computing. Cloud computing. Hiperconverxencia. Green IT e eficiencia enerxética.

Tema 50. Redes SAN e elementos dun SAN. Redes de almacenamento: topoloxías, protocolos, elementos de conexión. Sistemas de almacenamento: arquitecturas e compoñentes. Servidores: HBA e Software MultiPath.

Tema 51. Sistemas de backup: hardware e software de backup. Estratexias de backup a disco. Dispoñibilidade da información RPO, RTO. Replicación local e remota, estratexias de recuperación.

Tema 52. Administración e xestión de redes e sistemas de almacenamento. Virtualización do almacenamento. Xestión do ciclo de vida da información (ILM).

Tema 53. Redundancia hardware. Alta dispoñibilidade a nivel de sistema operativo. Sistemas de clúster e balanceo de carga. Alta dispoñibilidade en servidores de aplicacións e servidores de bases de datos. Alta dispoñibilidade a nivel de aplicación. Dispoñibilidade en contornos virtualizados. Centros de protección xeográficos. Plans de continxencia.

Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información

Dirección das TIC.

Tema 1. Gobernanza das TIC. Planificación, dirección e control das TIC. CoBIT (Control Objectives for Information and Related Technology), obxectivos de control e métricas. Propostas de proxectos (casos de negocio ou business case), análise de custos/beneficios, análise de riscos, factores críticos de éxito. Val IT. Análise de negocio (BABOK).

Tema 2. Xestión estratéxica das TIC. Ferramentas de planificación e control: cadros de mando integral (balanced scorecards), mapas estratéxicos, xestión de coñecementos e innovación.

Tema 3. Xestión de proxectos. Planificación do proxecto. Xestión do alcance. Xestión do custo. Orzamentos. Xestión do tempo. Técnicas de planificación. Xestión da calidade. Plan de calidade. Xestión de RRHH. Capacidades do xefe de proxecto. Xestión das comunicacións. Xestión do risco. Continxencias. Xestión da subcontratación e adquisicións. PMBOK e metodoloxías de xestión de proxectos.

Tema 4. Sistemas de xestión de calidade. Normalización e certificación. EFQM. Serie ISO 9000.

Tema 5. A biblioteca de infraestrutura TI (ITIL.v4). Implementación e configuración de ferramentas de xestión de Helpdesk baseadas en ITIL.

Tema 6. Auditoría e control de sistemas de información. Marco xeral. Metodoloxía. Auditoría dos grandes sistemas informáticos. Auditoría da informática persoal e as redes de área local.

Aspectos legais.

Tema 7. Leis e normativa básica que constitúen as bases do desenvolvemento da materia de Administración electrónica en España e Galicia: Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público. Lei 4/2019, de Administración dixital de Galicia. Esquema nacional de seguridade no ámbito da Administración electrónica. Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica.

Tema 8. Lei 56/2007, de medidas de impulso da sociedade da información. Lei 6/2020, reguladora de determinados aspectos dos servizos electrónicos de confianza.

Tema 9. Normativa no ámbito da propiedade intelectual. A protección xurídica dos programas de ordenador. Tipos de licenzas. Software de fontes abertas (FLOSS).

Tema 10. Lei 9/2014, xeral de telecomunicacións. Regulación do mercado das telecomunicacións.

Tema 11. Normativa sobre protección de datos. Regulamento (UE) nº 2016/679, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos). Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Tema 12. A contratación de servizos e de subministracións informáticas no marco da Administración pública. Fundamentos sobre a compra pública innovadora.

Tema 13. Decreto polo que se regula o uso e o acceso á historia clínica electrónica. Decreto de receita electrónica. Decreto polo que se regula o uso da tarxeta sanitaria para a identificación de pacientes e profesionais en Galicia.

Sistemas de información.

Tema 14. Modelo entidade-relación. Modelo relacional. Normalización. Modelos de base de datos semiestruturados.

Tema 15. Sistemas de xestión de bases de datos. Bases de datos relacionais. Monitores transaccionais. Bases de datos NoSQL.

Tema 16. SQL. Linguaxe de definición de datos (DDL). Linguaxe de manipulación de datos (DML) e DCL. Xquery.

Tema 17. Sistemas CRM (Customer Relationship Management) e ERP (Enterprise Resource Planning). A informatización dos procedementos. BPM (Business Process Management). Sistemas de xestión documental.

Tema 18. Sistemas de intelixencia de negocio (business intelligence): Datawarehouse. Data Marts. Arquitectura. Análise multidimensional e arquitecturas OLAP. ROLAP/MOLAP/HOLAP. Minaría de datos.

Tema 19. Big Data. Arquitectura, implementacións: hadoop, cassandra. Ferramentas de procesado e explotación de información non estruturada.

Tema 20. Sistemas de xestión de contidos. E-learning. Accesibilidade e usabilidade. W3C. Datos abertos (OpenData).

Tema 21. Motores de busca. Ferramentas colaborativas. Correo electrónico. Web 2.0. Redes sociais. Sindicación de contidos. Escritorios virtuais. P2P. Web semántica.

Tema 22. Sistemas de información xeográfica.

Sistemas de información en saúde.

Tema 23. Sistemas de información para a saúde pública. Sistemas de información e sistemas de xestión de pacientes en atención primaria e hospitais. Sistema poboacional e tarxeta sanitaria. Sistemas de xestión de recursos humanos. Sistemas de xestión económica e subministracións.

Tema 24. Sistemas de información clínica: telemedicina. Telemonitorización. Historia clínica e receita electrónica. Imaxe dixital e PAC. Sistema de historia clínica do Sistema nacional de saúde. Proxectos de intercambio de información clínica no ámbito europeo.

Tema 25. Interoperabilidade no contorno sanitario. Estándares tecnolóxicos no ámbito sanitario: DICOM, HL7, CDA, IHE, CEN TC/251, AEN/CTN 139, IEEE Continua alliance. Implementación de mensaxaría HL7 sobre buses de integración.

Arquitectura dos sistemas de información.

Tema 26. Modelo de capas: servidores de aplicacións, servidores de datos, granxas de servidores.

Tema 27. Arquitectura de aplicacións nas plataformas.NET e JEE e PHP. Arquitectura SOA. Servizos web. Tecnoloxías XML.

Tema 28. Arquitectura das redes intranet e internet: concepto, estrutura e características. A súa implementación nas organizacións.

Tema 29. Frameworks para o desenvolvemento de aplicacións. MVC. Solucións de persistencia. Linguaxes de script.

Tema 30. Aplicacións da internet enriquecidas (RIA). Frameworks AJAX. Desenvolvemento para dispositivos móbiles.

Tema 31. Buses de integración. Implementación de canles de integración. Modelos orientados a eventos.

Tema 32. Arquitecturas Blockchain.

Enxeñaría do software.

Tema 33. Enxeñaría do software. Proceso software, modelos de proceso software. Ciclos de vida. Modelos de ciclo de vida. Fases do ciclo de vida. Modelos de desenvolvemento.

Tema 34. Metodoloxías de desenvolvemento de sistemas de información. Métrica 3. RUP. Metodoloxías áxiles. Integración continua.

Tema 35. Enxeñaría de requisitos: especificación, verificación, validación, xestión do cambio.

Tema 36. Técnicas de programación. Programación estruturada. Programación e análise orientada a obxectos. Linguaxe unificada de modelaxe (UML). Enxeñaría inversa e reenxeñaría.

Tema 37. Métodos de proba do software. Fundamentos. Caixa negra e caixa branca. Estratexias e tipos de proba do software. Ferramentas para a xestión e automatización das probas.

Tema 38. Modelos de calidade. Enxeñaría de procesos de software: CMMI, ISO 15504, ISO 9000-3. Modelos áxiles. Control de código fonte, construción automatizada, control da calidade do código.

Seguridade nos sistemas de información.

Tema 39. Seguridade informática: autenticación, integridade, confidencialidade, dispoñibilidade, rastrexabilidade. Análise e xestión de riscos. Metodoloxía Magerit.

Tema 40. Sistemas de xestión da seguridade da información: normas da serie ISO 27.000. Centros de operacións de ciberseguridade (CERT/CSIRT).

Tema 41. Virus e outro software maligno avanzado. Ameazas persistentes avanzadas (APT). Tipos. Medios preventivos e reactivos. Sistemas antivirus e de protección. Sistemas de protección ante malware avanzado (solucións de sandboxing).

Tema 42. Certificados dixitais. Tarxetas criptográficas. Sinatura dixital. Técnicas de cifraxe. Infraestrutura de clave pública (PKI).

Tema 43. Seguridade en contornos de rede privados. Servizos de directorio. Xestión de identidades. Single sign-on. Acceso remoto. VPN. Técnicas de cifraxe. Protección da seguridade nos diferentes elementos da infraestrutura TIC (servidores, posto cliente, equipos de comunicacións e outros).

Tema 44. Plataformas de protección: devasas de nova xeración, devasas de aplicacións web, protección ante ataques DDOS, IDS/IPS. Sistemas de xestión de eventos e información de seguridade (SIEM). Arquitectura de seguridade en redes. Elementos de seguridade para a internet.

Tema 45. Seguridade en dispositivos móbiles. Solucións MDM e estratexias BYOD.

Tema 46. Análise e xestión de vulnerabilidades. Auditorías técnicas de seguridade. Probas de intrusión. Análise forense de incidentes de seguridade. Ramsonware.

Telecomunicacións.

Tema 47. Modelo OSI. Redes LAN, MAN e WAN. Estrutura de redes: troncal, distribución acceso. Redes públicas de transmisión de datos. Protocolos de rede. Redes definidas por software (SDN).

Tema 48. Tecnoloxías de acceso: redes de telefonía móbil, cable, redes de fibra óptica, MetroEthernet.

Tema 49. Tecnoloxías de transporte: DWDM, MPLS. Redes de fibra óptica. Redes de nova xeración (NGN).

Tema 50. Tecnoloxías sen fíos: Bluetooth, wi-fi. RFID. NFC.

Tema 51. Protocolo TCP/IP: Enderezamento e sistemas de nomes de dominio (DNS). Protocolos IP, ICMP, TCP, UDP. Encamiñamento. Aplicacións básicas: Telnet, FTP (TFTP) e SMTP.

Tema 52. Redes de área local. Topoloxías. Redes Ethernet. Redes conmutadas e redes virtuais. Xestión de redes. Sistemas de cablaxe. Electrónica de rede: repetidores, concentradores, pontes, conmutadores, encamiñadores, pasarelas. Redes nos centros de procesos de datos: Core, Spine, Leaf, TOR, EOR.

Tema 53. Voz sobre protocolo da internet. Converxencia de redes de voz e datos.

Infraestrutura de sistemas.

Tema 54. Equipamento hardware. Servidores. Posto de traballo. Dispositivos persoais.

Tema 55. Concepto, evolución e tendencias dos sistemas operativos. Sistema operativo UNIX-LINUX. Sistema operativo Windows.

Tema 56. Servidores de mensaxaría. Sistemas de correo. Sistemas de directorio e protocolos de acceso LDAP.

Tema 57. Servidores de aplicacións e servidores web. Contedores de aplicacións. Estratexias de monitorización das aplicacións.

Tema 58. Deseño de centro de procesos de datos. Instalacións (electricidade, control de acceso, control de presenza, sistema antincendios, climatización, sistemas de alimentación ininterrompida).

Tema 59. Virtualización de servidores. Virtualización do almacenamento. Virtualización do posto cliente. Computación baseada en servidor (SBC). Grid Computing. Cloud computing. Hiperconverxencia. Green IT e eficiencia enerxética.

Tema 60. Redes SAN e elementos dun SAN. Redes de almacenamento: topoloxías, protocolos, elementos de conexión. Sistemas de almacenamento: arquitecturas e compoñentes. Servidores: HBA e Software MultiPath.

Tema 61. Sistemas de backup: hardware e software de backup. Estratexias de backup a disco. Dispoñibilidade da información RPO, RTO. Replicación local e remota, estratexias de recuperación.

Tema 62. Administración e xestión de redes e sistemas de almacenamento. Virtualización do almacenamento. Xestión do ciclo de vida da información (ILM).

Tema 63. Redundancia hardware. Alta dispoñibilidade a nivel de sistema operativo. Sistemas de clúster e balanceo de carga. Alta dispoñibilidade en servidores de aplicacións e servidores de bases de datos. Alta dispoñibilidade a nivel de aplicación. Dispoñibilidade en contornos virtualizados. Centros de protección xeográficos. Plans de continxencia.

Os textos legais, guías e normas técnicas serán os vixentes na data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se proceda ao nomeamento do tribunal de cualificación.

Anexo III

Exercicios

1º exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 150 minutos:

1. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de contido teórico da parte específica do programa.

2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.

Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán ningunha valoración e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50 % do seu valor.

2º exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa do anexo II (temas 1 ao 8, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán ningunha valoración e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que participen pola quenda de promoción interna. Nas listaxes de puntuación da fase de oposición asignaráselles ás persoas aspirantes que participen por esta quenda 5 puntos nesta epígrafe.

3º exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte dos/das aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán ningunha valoración e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos/as da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego), de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega), aos cales se lles asignarán 5 puntos.

No suposto en que deba anularse un número de preguntas dun exercicio superior ao de reserva, o valor de cada resposta correcta será o que resulte de dividir a puntuación máxima acadable no respectivo exercicio entre o número de preguntas válidas que finalmente resulten.

Anexo IV

Baremo

A) Categoría de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

1. Formación: 20 % (máximo 8 puntos).

1.1. Académica.

Plan antigo:

– Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

– Por cada sobresaliente: 1 punto.

– Por cada notable: 0,5 puntos.

Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresamente o cociente con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Plan novo:

A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirantes obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:

0,10 Cn + 0,25 Cs + 0,50 Cmh

-------------------------------------------

Ca + Cn + Cs + Cmh

As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos cales, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración.

A puntuación resultante expresarase con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

1.2. Continuada.

a) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Servizo Público de Emprego, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta.

Valoración:

– Por crédito: 0,30 puntos.

– Por hora: 0,030 puntos.

A puntuación que se outorgará aos/ás aspirantes que impartisen os anteditos cursos será de 0,060 puntos por hora de docencia impartida. Valorarase a formación impartida que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste, calquera que sexa a tipoloxía destes.

Só se valorarán os cursos de formación realizados con posterioridade á obtención do título exixido para o acceso á categoría a que se opta.

Os cursos de prevención de riscos, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso á categoría, cunha puntuación máxima de 4 puntos.

Así mesmo, valorarase en todo caso a formación en igualdade entre mulleres e homes e en prevención e loita contra a violencia de xénero.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios, talleres ou similares.

2. Experiencia: 70 % (28 puntos).

2.a) Por cada mes completo de servizos prestados na mesma categoría, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral pola conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,20 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na mesma categoría, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia doutras administracións públicas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,10 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na mesma categoría pola conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias privadas concertadas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,07 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,05 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría profesional distinta das previstas na epigrafe anterior, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,04 puntos/mes.

Para os efectos deste baremo, terán a consideración de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional os servizos prestados na categoría de técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

2.b) Puntuación específica polo exercicio de dereitos de conciliación:

Polo exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ata o máximo de 0,5 puntos:

– Permiso por parto, adopción ou acollemento: 0,2 puntos/licenza.

– Permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción de fillo: 0,2 puntos/permiso.

– Redución de xornada por motivos familiares: 0,02 puntos/mes completo.

– Excedencia por coidado de fillos e familiares: 0,02 puntos/mes completo.

Para estes efectos, dividirase o número total de días entre 30, valorándose o cociente enteiro.

A acreditación de cada unha destas circunstancias deberaa efectuar o/a aspirante na forma prevista no anexo V.

2.c) Puntuación adicional pola prestación de servizos en centros sanitarios illados.

Polos servizos efectivamente prestados nos hospitais públicos do Barco, Verín, A Mariña, Cee e Monforte de Lemos ou en centros sanitarios do nivel de atención primaria, situados nos concellos que se relacionan no anexo VIII, caracterizados polo seu illamento: 0,5 puntos/ano completo ou a parte proporcional.

Para estes efectos, só se valorarán os servizos que consten ter sido efectivamente prestados en tales centros, con independencia da súa realización ou non en virtude de vínculo directamente formalizado con tales institucións.

De conformidade co disposto no anexo V desta convocatoria, non será necesario que o/a aspirante acredite este mérito.

Coa valoración dos puntos 2.b) e 2.c) non se poderá superar a puntuación máxima prevista para a epígrafe de experiencia profesional.

Normas xerais de valoración.

Primeira

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada epígrafe do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, desprezándose os decimais.

En ningún caso a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural poderá valorarse por riba da puntuación establecida para o dito período dun mes.

En ningún caso un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintas epígrafes do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas no dito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

Segunda

Os servizos prestados durante o período en que se disfrute dunha redución de xornada por algunha das causas legalmente previstas serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución. Cando nun mesmo período o/a interesado/a acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa.

Os períodos de permiso sen soldo, así como a permanencia en situación de servizos especiais, valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados na categoría/especialidade para os efectos deste baremo.

Os servizos prestados noutra categoría en promoción interna temporal polo persoal estatutario fixo valoraranse como servizos temporais en dita categoría.

A experiencia profesional valorarase a partir da data de superación do período formativo conducente á obtención do título que dá acceso á categoría.

Os servizos prestados en virtude dun título expedido por terceiros países valoraranse desde a data de homologación ou recoñecemento do título polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Serán obxecto de valoración no número 3) os servizos prestados na mesma categoría en institucións sanitarias privadas con concerto sanitario ou autorización de uso co Sistema público de saúde, na data de prestación de servizos, que consten debidamente acreditados.

3. Outras actividades: (10 %) (4 puntos).

a) Polo título oficial dunha ou varias titulacións do ámbito dos sistemas e tecnoloxías da información que non sexan requisito para o acceso á categoría en que se participa, sempre que teñan, cando menos, o mesmo nivel académico que o exixido para o acceso á categoría: 2 puntos.

b) Traballos de publicación en revistas e libros, directamente relacionados coa categoría, apreciados libremente polo tribunal conforme os seguintes criterios e táboas de valoración:

– Publicación en revista: 0,25 puntos.

– Capítulo de libro: 0,30 puntos.

– Libro completo: 1 punto.

Só terán a consideración de libro aquelas publicacións cun mínimo de 49 páxinas. Para a súa valoración, a publicación debe estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais de recoñecido prestixio.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Non terán a consideración de libro, aínda que adopten esta forma de edición, as actas de congreso.

Non serán obxecto de valoración os libros/capítulos editados como glosario, anuario, manuais de preparación para o acceso ao emprego público, cursos de formación continuada, protocolos de servizo e demais que aprecie o respectivo órgano de selección, así como as autoedicións e/ou autopublicacións, entendendo por tales aquelas publicacións financiadas ou promovidas por algún dos seus autores ou nas cales este figure como editor.

No suposto de libros ou capítulos de libros de autoría colectiva, só será obxecto de valoración aquela publicación en que, da documentación presentada polo/a aspirante, quede suficientemente acreditada a participación concreta nela. Enténdese por autoría colectiva aquela publicación en que intervén un mínimo de catro autores.

Os capítulos de libro en que interveñan catro ou máis autores non serán obxecto de valoración.

Normas comúns de valoración de libros e revistas:

– En ningún caso un mesmo contido determinado e obxectivable publicado baixo diferentes formas e en diferentes publicacións poderá ser obxecto de máis dunha valoración.

– Non serán obxecto de valoración as publicacións de carácter divulgativo.

Para os efectos deste baremo, non terán a consideración de autor da publicación o coordinador, director e outros colaboradores.

B) Categorías de técnico/a, superior e de xestión, de sistemas e tecnoloxías da información.

1. Formación: 20 % (8 puntos).

1.1. Académica.

a) Máster universitario oficial, máster universitario-título propio, experto universitario, especialista universitario, que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría:

a.1) En caso de estar computado en créditos ECT:

Título oficial: 0,05 puntos/crédito.

Título propio: 0,025 puntos/crédito.

a.2) En caso de estar computado só en horas:

Título oficial: 0,005 puntos/hora.

Título propio: 0,0025 puntos/hora.

A titulación de máster debe rexistrala o/a aspirante en Fides/expedient-e na epígrafe de formación continuada recibida/máster.

b) Título de doutor/a no ámbito dos sistemas e tecnoloxías da información: 1 punto.

b) Premio extraordinario de doutoramento no ámbito dos sistemas e tecnoloxías da información: 0,5 puntos.

1.2. Continuada.

a) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Servizo Público de Emprego, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta.

Valoración:

– Por crédito: 0,30 puntos.

– Por hora: 0,030 puntos.

A puntuación que se outorgará aos/ás aspirantes que impartisen os anteditos cursos será de 0,060 puntos por hora de docencia impartida. Valorarase a formación impartida que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste, calquera que sexa a tipoloxía deste.

Só se valorarán os cursos de formación realizados con posterioridade á obtención do título exixido para o acceso á categoría a que se opta.

Os cursos de prevención de riscos, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso á categoría, cunha puntuación máxima de 4 puntos.

Así mesmo, valorarase en todo caso a formación en igualdade entre mulleres e homes e en prevención e loita contra a violencia de xénero.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios, talleres ou similares.

2. Experiencia: 70 % (28 puntos).

2.a) Por cada mes completo de servizos prestados na mesma categoría, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral pola conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do Sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,20 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na mesma categoría, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia doutras administracións públicas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,10 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na mesma categoría pola conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias privadas concertadas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,07 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,05 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría profesional distinta das previstas na epígrafe anterior, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,04 puntos/mes.

Para os efectos deste baremo, terán a consideración de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional que técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información os servizos prestados na categoría de técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

Para os efectos deste baremo, terán a consideración de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional que técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información os servizos prestados na categoría de técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

2.b) Puntuación específica polo exercicio de dereitos de conciliación:

Polo exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ata o máximo de 0,5 puntos:

– Permiso por parto, adopción ou acollemento: 0,2 puntos/licenza.

– Permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción de fillo: 0,2 puntos/permiso.

– Redución de xornada por motivos familiares: 0,02 puntos/mes completo.

– Excedencia por coidado de fillos e familiares: 0,02 puntos/mes completo.

Para estes efectos, dividirase o número total de días entre 30, valorándose o cociente enteiro.

A acreditación de cada unha destas circunstancias deberaa efectuar o/a aspirante na forma prevista no anexo V.

2.c) Puntuación adicional pola prestación de servizos en centros sanitarios illados.

Polos servizos efectivamente prestados nos hospitais públicos do Barco, Verín, A Mariña, Cee e Monforte de Lemos ou en centros sanitarios do nivel de atención primaria, situados nos concellos que se relacionan no anexo VIII, caracterizados polo seu illamento: 0,5 puntos/ano completo ou a parte proporcional.

Para estes efectos, só se valorarán os servizos que consten ter sido efectivamente prestados en tales centros, con independencia da súa realización ou non en virtude de vínculo directamente formalizado con tales institucións.

De conformidade co disposto no anexo V desta convocatoria, non será necesario que o/a aspirante acredite este mérito.

Coa valoración dos puntos 2.b) e 2.c) non se poderá superar a puntuación máxima prevista para a epígrafe de experiencia profesional.

Normas xerais de valoración.

Primeira

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada epígrafe do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, desprezándose os decimais.

En ningún caso a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural poderá valorarse por riba da puntuación establecida para o dito período dun mes.

En ningún caso un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintas epígrafes do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas no dito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

Segunda

Os servizos prestados durante o período en que se disfrute dunha redución de xornada por algunha das causas legalmente previstas serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución. Cando nun mesmo período o/a interesado/a acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa.

Os períodos de permiso sen soldo, así como a permanencia en situación de servizos especiais, valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados na categoría/especialidade para os efectos deste baremo.

Os servizos prestados noutra categoría en promoción interna temporal polo persoal estatutario fixo valoraranse como servizos temporais na dita categoría.

A experiencia profesional valorarase a partir da data de superación do período formativo conducente á obtención do título que dá acceso á categoría.

Os servizos prestados en virtude dun título expedido por terceiros países valoraranse desde a data de homologación ou recoñecemento do título polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Serán obxecto de valoración no número 3) os servizos prestados na mesma categoría en institucións sanitarias privadas con concerto sanitario ou autorización de uso co Sistema público de saúde, na data de prestación de servizos, que consten debidamente acreditados.

3. Outras actividades: (10 %) (4 puntos).

a) Docencia universitaria impartida no ámbito dos sistemas e tecnoloxías da información: 0,5 puntos/curso académico completo ou a parte que proporcionalmente corresponda, ata un máximo de 1 punto.

b) Polo título oficial dunha ou varias titulacións universitarias do ámbito dos sistemas e tecnoloxías da información: 2 puntos.

c) Traballos de publicación en revistas e libros, directamente relacionados coa categoría, apreciados libremente polo tribunal conforme os seguintes criterios e táboas de valoración:

– Publicación en revista: 0,25 puntos.

– Capítulo de libro: 0,30 puntos.

– Libro completo: 1 punto.

Só terán a consideración de libro aquelas publicacións cun mínimo de 49 páxinas. Para a súa valoración, a publicación debe estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais de recoñecido prestixio.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Non terán a consideración de libro, aínda que adopten esta forma de edición, as actas de congreso.

Non serán obxecto de valoración os libros/capítulos editados como glosario, anuario, manuais de preparación para o acceso ao emprego público, cursos de formación continuada, protocolos de servizo e demais que aprecie o respectivo órgano de selección, así como as autoedicións e/ou autopublicacións, entendendo por tales aquelas publicacións financiadas ou promovidad por algún dos seus autores ou nas cales este figure como editor.

No suposto de libros ou capítulos de libros de autoría colectiva, só será obxecto de valoración aquela publicación en que, da documentación presentada polo/a aspirante, quede suficientemente acreditada a participación concreta nela. Enténdese por autoría colectiva aquela publicación en que intervén un mínimo de catro autores.

Os capítulos de libro en que interveñan catro ou máis autores non serán obxecto de valoración.

Normas comúns de valoración de libros e revistas:

– En ningún caso un mesmo contido determinado e obxectivable publicado baixo diferentes formas e en diferentes publicacións poderá ser obxecto de máis dunha valoración.

– Non serán obxecto de valoración as publicacións de carácter divulgativo.

Para os efectos deste baremo, non terán a consideración de autor da publicación o coordinador, director e outros colaboradores.

Anexo V

Procedemento de acreditación de méritos

a) Formación académica

As titulacións académicas oficiais acreditaranse, segundo o suposto, mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo ministerio con competencias en materia de educación ou certificación da respectiva universidade, debidamente asinado, que deixe constancia de cada un dos méritos invocados polo/a aspirante e data en que foron causados. No relativo aos cursos de doutoramento, para que o dito mérito poida ser obxecto de valoración a certificación que se achegue deberá deixar constancia expresa de que o/a aspirante realizou todos os cursos de doutoramento e indicar o programa e créditos obtidos. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro, achegarase xunto coa copia compulsada do título tradución xurada deste ou equivalente e credencial de recoñecemento ou homologación da titulación expedida polo Ministerio de Educación español.

O expediente académico e cualificacións obtidas requiren, para a súa valoración, a presentación da certificación de recoñecemento ou equivalencia oficial.

Supostos específicos.

a) A acreditación da formación de máster, especialista e experto universitario-títulos propios efectuarase mediante orixinal ou copia compulsada do título ou certificación da universidade en que conste ter sido superada polo/a aspirante a formación conducente á obtención do referido título, datas de realización e o número de horas ou créditos ECT asignados á dita actividade formativa.

Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo nos supostos en que non quede suficientemente acreditada a relación do seu contido co ámbito das ciencias da saúde.

b) Formación continuada

a) Recibida: acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do certificado de asistencia ao curso en que deberá constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu a dita actividade formativa, as datas de realización, contido do curso e número de créditos e/ou horas asignados. Poderáselle requirir á persoa aspirante a achega do programa formativo ou categoría/s destinataria/s.

Normas específicas para a formación en liña. Serán válidos aqueles diplomas asinados dixitalmente por Digital Learning cun certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), así como aqueles que se poidan referenciar a unha web verificable ou cotexable polo órgano de selección. Noutro suposto deberá achegarse certificación orixinal asinada polo órgano que impartiu a actividade formativa, que conterá toda a información exixida neste punto.

No suposto de formación en liña con desenvolvemento nun rango de datas, será válida a formación que conste superada dentro das ditas datas.

Valoraranse os módulos ou partes integrantes dun curso nos supostos en que quede debidamente acreditada a carga lectiva e horas/créditos asignados de forma diferenciada.

Non se valorarán nesta epígrafe os cursos/módulos que sexan parte dunha titulación de formación académica.

O órgano de selección resérvase o dereito de poder exixir ao aspirante calquera documentación complementaria e/ou rexeitar calquera certificado en liña cando existan dúbidas razoables sobre a súa autenticidade.

b) Impartida: acreditarase mediante certificación do organismo ou entidade convocante, na cal deberá constar o contido da actividade formativa, así como o número de horas de docencia impartidas.

Noutro suposto, non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

c) Docencia universitaria

A docencia universitaria impartida acreditarase mediante certificación da respectiva universidade, na cal se fará constar expresamente o cargo docente, tipo de vinculación, departamento ou área de coñecemento en que se impartiu a docencia e datas de inicio e fin da vinculación.

Noutro suposto, non se entenderá debidamente acreditado o mérito.

d) Experiencia profesional

A experiencia profesional en institucións públicas acreditarase mediante certificación emitida pola Dirección de Recursos Humanos do centro ou órgano equivalente, na cal deberá constar a seguinte información: categoría/especialidade, tipo de vínculo (fixo, temporal, atención continuada, formación, promoción profesional temporal), réxime xurídico de vinculación (laboral, funcionario, estatutario), data de inicio e fin de cada unha das vinculacións/nº de horas no suposto de vínculos de atención continuada, total de días de vinculación, réxime de xornada (xornada completa, tempo parcial).

A experiencia profesional en centros privados acreditarase mediante certificación da empresa, na cal deberá constar a información arriba indicada, ou contrato laboral. En ambos os supostos, xunto coa citada documentación, deberá presentarse un informe de vida laboral emitido polo INSS.

No suposto de institucións sanitarias públicas, tal certificación deberá facer constar expresamente a natureza pública da institución e a súa integración no sistema sanitario público do Estado respectivo. Noutro caso, a experiencia profesional non será obxecto de valoración.

No suposto de institucións sanitarias privadas concertadas ou con autorización de uso, deberá quedar debidamente acreditada no certificado a existencia dun concerto ou autorización de uso co respectivo servizo de saúde autonómico ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea nos períodos de vinculación. Noutro suposto, tal mérito non será valorado.

No suposto de institucións sanitarias privadas acreditadas para a docencia, deberá quedar debidamente acreditada no certificado que se achegue a condición de institución acreditada no ámbito do SNS ou Sistema sanitario público dun país da Unión Europea para a formación de especialidades de profesións sanitarias.

Non será necesario acreditar documentalmente a experiencia profesional nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, así como a condición de centro concertado co Servizo Galego de Saúde.

Puntuación específica por conciliación.

As situacións de permiso por parto, adopción ou acollemento, permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción de fillo, redución de xornada por motivos familiares e excedencia por coidado de fillos/as e familiares acreditaranse mediante certificación da súa concesión expedida pola Dirección do centro, na cal deberán constar as datas de inicio e fin.

O persoal fixo ou temporal que nos últimos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria viñese prestando os seus servizos no Sergas non terá que presentar ningunha documentación acreditativa de tales situacións.

e) Publicación de traballos científicos e de investigación

Revistas científicas indexadas en Pubmed.– Non será necesaria a súa acreditación documental. O/a aspirante consignará na aplicación informática, no espazo habilitado para o efecto, o código de identificación PMID e rexistrará manualmente a información relativa a número de sinaturas, número de orde de sinaturas e tipo de publicación. O sistema realizará a captura automática da información relativa aos outros campos da base de datos de Pubmed para a súa posterior validación.

Revistas científicas indexadas en InDICEs CSIC, IBECS, Web of Science (Wos), Embase, PsycINFO e catálogo Latindex e demais revistas. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial responsable ou organismo público con competencias en xestión e arquivamento de publicacións. Na certificación ou copia impresa deberá constar o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

Libros/capítulos de libro editados en papel. Deberá achegarse copia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, editorial, o seu depósito legal e/ou ISBN/NIPO, lugar e ano de publicación e índice da obra. Ademais, deberá quedar acreditado o número de páxinas do libro/capítulo e que tal publicación está avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Libros editados en formato electrónico. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial ou organismo público con competencias de xestión e arquivo de publicacións, na cal se fará constar a autoría do capítulo e demais datos bibliográficos básicos que identifiquen a obra e/ou capítulo (autores, data de publicación, edición, ano, URL e data de consulta e acceso). Tal publicación deberá estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Noutro suposto, non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

f) Compulsa de documentos

As copias dos documentos acreditativos de méritos que se acheguen deberán estar cotexadas/autenticadas polo responsable do rexistro onde se presenten ou compulsadas por notario ou funcionario público acreditado para a realización de tales funcións.

g) Tradución de documentos

Os títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español deberán acompañarse da súa tradución ao castelán ou galego, que deberá efectuarse:

a) Por tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

b) Por calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro.

c) Pola representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán/cidadá o/a solicitante ou, de ser o caso, do de procedencia do documento.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida.

Anexo VI

Instrucións de acceso ao expediente electrónico (FIDES)

A Oficina Virtual do Profesional (FIDES) constitúe o punto de encontro telemático entre o Servizo Galego de Saúde e os/as profesionais con que mantén unha vinculación, así como coas persoas aspirantes e profesionais doutros servizos de saúde que participen nos procesos de selección e provisión de prazas convocados por este organismo, configurándose como a plataforma de acceso ao expediente electrónico do/da profesional ou aspirante.

O acceso a FIDES poderase realizar desde:

– A internet (profesionais do Servizo Galego de Saúde e procedentes doutros servizos autonómicos de saúde).

– A intranet do Servizo Galego de Saúde (só dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, e desde equipos informáticos situados fisicamente na rede corporativa).

1. Acceso desde a internet.

1.1. Acceso desde a internet con certificado dixital.

Os profesionais do Servizo Galego de Saúde, así como os que procedan doutro servizo de saúde autonómico, poderán acceder desta forma a FIDES a través do enderezo http://fides.sergas.es

É requisito indispensable dispor dun certificado dixital para acceder a través desta vía. Os certificados aceptados son os expedidos pola FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) e o DNI electrónico (DNIe).

Para obter o certificado dixital expedido pola FNMT será preciso solicitalo a través da internet (no enderezo www.cert.fnmt.es) ou ben en calquera oficina da Axencia Tributaria (Ministerio de Economía e Facenda).

Se o usuario xa dispón dunha tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico, esta xa contén un certificado da FNMT, polo que non será necesario solicitar un novo. De feito, a solicitude dun novo certificado inhabilitará o que existe na tarxeta sanitaria.

Pola súa banda, o DNI electrónico (DNIe) poderase solicitar nas oficinas da Dirección Xeral da Policía.

Para a identificación do usuario mediante tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico ou a través do DNI electrónico será preciso, con carácter xeral, dispor dunha lectora de tarxetas. Non se requirirá lectora de tarxetas unicamente no suposto de dispor dun certificado dixital da FNMT instalado no propio equipo.

Os/as usuarios/as poderán solicitar información e obter asesoramento sobre a acreditación electrónica nos PAE (punto de acreditación electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros sanitarios de atención especializada e atención primaria do organismo.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os/as profesionais actualmente vinculados ao Servizo Galego de Saúde, así como aqueles profesionais procedentes doutros servizos de saúde que nalgún momento do pasado tivesen algún tipo de vinculación co citado organismo serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo, así como ao resto de funcionalidades existentes na Oficina Virtual do Profesional (FIDES).

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nunca tiveron un vínculo co Servizo Galego de Saúde serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo.

A primeira vez que un profesional acceda con certificado dixital a FIDES solicitaráselle que cubra un formulario de alta con datos básicos.

1.2. Acceso desde a internet sen certificado dixital.

O acceso a FIDES desde a internet sen certificado dixital pode efectuarse a través do enderezo http://fides.sergas.es, mediante o sistema Chave 365, que permite aos/ás cidadáns/cidadás maiores de idade identificarse tanto en FIDES como na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

Pódese atopar toda a información relativa ao sistema Chave 365 neste enderezo: https://sede.xunta.gal/chave365

2. Acceso desde a intranet do Servizo Galego de Saúde.

Esta vía só estará dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e desde equipos informáticos situados fisicamente na rede corporativa do citado organismo.

Os/as profesionais cun vínculo activo terán, mediante este sistema, acceso á totalidade de servizos e funcionalidades de FIDES, incluído o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica nos procesos de selección e provisión.

O acceso a FIDES realizarase mediante o código de usuario e contrasinal que os/as profesionais en activo xa teñen asignado e utilizan habitualmente para acceder ao resto de funcionalidades do sistema.

3. Acceso a Fides/expedient-e por usuarios/as menores de idade.

O acceso efectuarase mediante DNI electrónico.

4. Manual de instrucións de acceso e funcionamento do expediente electrónico e validación da documentación.

Na sede electrónica do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) figura á disposición dos aspirantes un manual de instrucións sobre o acceso e funcionamento do expediente electrónico, os diferentes estados en que pode atopar a información relativa aos seus méritos e normas de validación da documentación que se vai achegar.

5. Caixa de correo electrónico.

Para efectuar as consultas e resolver as dúbidas que xurdan en relación con este procedemento, habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas

Anexo VII

Modelo de autoliquidación de taxas

missing image file

ANEXO VIII

Concellos con condición de illamento

Área sanitaria

Concello

A Coruña e Cee

Cabana de Bergantiños

Camariñas

Laxe

Ponteceso

Zas

Ferrol

Cariño

Mañón

Monfero

Ortigueira

Santiago de Compostela e A Barbanza

Boimorto

Toques

Santiso

Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Alfoz

Barreiros

Cervantes

Folgoso do Courel

Fonsagrada (A)

Lourenzá

Mondoñedo

Navia de Suarna

Negueira de Muñiz

Nogais (As)

Pedrafita do Cebreiro

Pontenova (A)

Quiroga

Ribas de Sil

Ribeira de Piquín

Riotorto

Trabada

Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Avión

Beariz

Bolo (O)

Calvos de Randín

Chandrexa de Queixa

Entrimo

Gudiña (A)

Lobios

Manzaneda

Mezquita (A)

Montederramo

Muíños

Padrenda

Pobra de Trives (A)

Pontedeva

San Xoán de Río

Veiga (A)

Viana do Bolo

Vilariño de Conso

Vigo

Arbo

Crecente

Covelo

Fornelos de Montes

Pazos de Borbén

Oia