Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 5 de xullo de 2021 Páx. 34401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Forcarei (expediente IN407A 2021/55-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: reforzo LMTA, LMTS na LMT LAL805.

Situación: Forcarei.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con conductor LA-56, en dúas actuacións:

1. 437 metros; orixe: apoio C-2000/12 existente; final: apoio C-2000/12 proxectado.

2. 129 metros; orixe: apoio C-2000/14 proxectado; final: apoio C-2000/13 existente.

LMT subterránea a 20 kV, con conductor RHZ1, de 517 metros, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio C-2000-12 proxectado e final no apoio C-2000/14 proxectado.

A instalación está situada en Cachafeiro, concello de Forcarei.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 20 de abril de 2021, no BOP do 13 de abril de 2021, no xornal Faro de Vigo do 12 de abril de 2021 e no taboleiro de anuncios do concello de Forcarei. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa, autorización administrativa de construcción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Pontevedra, 10 de xuño de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro, DOG núm. 5, do 11.1.2021, artículo 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial