Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 6 de xullo de 2021 Páx. 34500

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro de 2019).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

RESOLVO:

Dar publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia nº 37, do 21 de febreiro), que figuran como anexo desta resolución. As axudas foron aprobadas con cargo á aplicación orzamentaria 14.A2.422L.770.0; código de proxecto 201600213, cofinanciadas polo Feader, o MAPA e a Consellería do Medio Rural, cun crédito orzamentario para a anualidade 2020 de 37.925,09 €.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2021

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Expediente

Beneficiario

NIF/CIF

Axuda (€)

ASOC.MM. RR.GALICIA_MR204A_2019

Asociacion de Mulleres Rurais de Galicia

G70453584

13.230,20

ASOC.GAND.LUGO_MR204A_2019

Asociación Profesional de Gandeiros de Lugo

G27310044

1.172,28

ACADINFO_MR204A_2019

Centro de Estudios Acadinfo, S.L.

B94004801

7.425,53

CLIN.VET.FRIOL_MR204A_2019

Clínica Veterinaria Friol, S.L.

B27482504

8.686,59

MEGA_MR204A_2019

Estudios Mega, S.L.

B36964542

1.810,45

EFAs_GALICIA_MR204A_2019

Federación EFAS Galicia//C.P.R. EFAG Fonteboa

G15299357

5.600,04

37.925,09