Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 7 de xullo de 2021 Páx. 34827

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da aprobación da aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Mesía (executiva).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria do día 26 de marzo de 2021, adoptou o seguinte acordo:

«25. Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Mesía.

1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Mesía en relación coa seguinte materia:

Recadación en período executivo de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito público de carácter non periódico ou de periodicidade inferior ao ano.

2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 31 de marzo de 2021

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación
Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía
Secretario xeral da Deputación
Provincial da Coruña