Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34972

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de técnico/a medio de informática en quenda de promoción interna.

No BOP de Pontevedra nº 99, do 27 de maio de 2021, publícanse integramente as bases, aprobadas mediante a Resolución da Alcaldía, do 13 de abril de 2021, e a convocatoria como funcionario de carreira dunha praza de técnico/a medio de informática, mediante quenda de promoción interna, vacante no cadro de persoal do ano 2019, aprobado con carácter definitivo polo Pleno municipal e publicado no BOP nº 174, do 11 de setembro de 2019.

O prazo de presentación de instancias en que se solicitará tomar parte na respectiva proba selectiva é de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilagarcía de Arousa, 15 de xuño de 2021

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente