Antecedentes:
O centro Punta Queixal Turismo Náutico, S.L. solicitou o recoñecemento como escola de navegación de lecer (Enal Básica).
Consideracións legais e técnicas:
1. Decreto 350/2021, do 11 de marzo, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 58, do 26 de marzo).
2. Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer (BOE núm. 247, do 11 de outubro).
3. Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 164, do 25 de agosto).
4. O Servizo de Ensino e Titulacións Náutico Pesqueiras analizou a documentación e realizou as correspondentes inspeccións.
A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a competente para resolver o expediente.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVE:
Recoñecer o centro Punta Queixal Turismo Náutico, S.L. como escola de navegación de lecer (Enal Básica). A denominación comercial do centro é Ochivo Escuela Náutica.
Segundo o artigo 7 da Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regula a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia, terá a consideración de centro colaborador da Administración nos temas que lle son propios.
Así mesmo, procédese á inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro co número de rexistro XGEN058. O domicilio fiscal está situado no lugar Taxes, s/n, Louro, Muros (A Coruña), 15291.
A inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer ten como finalidade a anotación, seguimento, control e inspección da escola recoñecida. Terá unha vixencia de cinco (5) anos, que se contarán a partir do día seguinte á publicación no DOG desta resolución e deberá solicitar a súa renovación transcorrido ese prazo.
A escola está obrigada a comunicarlle ao rexistro calquera cambio que modifique as condicións en que foi recoñecida, como pode ser o cambio do/da instrutor/a ou da embarcación de prácticas.
Así mesmo, a escola poderá perder o seu recoñecemento e darse de baixa no rexistro por non renovar o recoñecemento, por incumprimento das súas obrigas ou por cesamento da actividade por máis de tres (3) anos. A resolución publicarase no DOG.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, desde a notificación da presente resolución, segundo se dispón nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021
Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro