Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Bueu (expediente IN407A 2021/114-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, SA.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: recuamento LMT LOZ807B en Sabarigo-Cela.

Situación: Bueu.

Características técnicas:

Instalación de dous apoios C-2000/16 fin de liña na LMT LOZ807B1388, entre a derivación aos CC.TT. Lapamán (36AL87) e gasolineira Cela (36CDJ5).

LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 209 metros de lonxitude, entre os dos apoios proxectado C-2000/16.

Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios instalados.

A instalación está situada no municipio de Bueu.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG nº 203, do 25 de outubro de 2017, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme ao establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 17 de xuño de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra