Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35167

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2021 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 14 (bombeiro/a forestal) do grupo V da Xunta de Galicia, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro).

Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 14 (bombeiro/a forestal), correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 94, do 21 de maio), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 14 (bombeiro/a forestal), correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

Segundo. As persoas nomeadas persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados no anexo disporán do prazo dun mes para tomaren posesión dos seus destinos, de conformidade co disposto no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día 1 de outubro de 2021.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Observacións

1

***6310**

Fernández Rodríguez, Rafael

Excedencia voluntaria por incompatibilidade

2

***3539**

Díaz Otero, Antonio

Excedencia voluntaria por incompatibilidade

3

***8433**

Pérez Álvarez, Ignacio

Excedencia voluntaria por incompatibilidade

4

***8515**

González Pérez, Ángel

Excedencia voluntaria por incompatibilidade

5

***2306**

Blanco Fajín, Alberto

Excedencia voluntaria por incompatibilidade

6

***2609**

Martínez Llamas, Manuel Ángel

Excedencia voluntaria por incompatibilidade

7

***8326**

Torres Abal, Manuel

21

MRC995019236001051

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Pontevedra-O Morrazo

Servizos periféricos

Pontevedra

V-014

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade por toxicidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84 €

8

***1690**

Fernández Franco, Hugo

Excedencia voluntaria por incompatibilidade

9

***6509**

Castro Canosa, José Ángel

Excedencia voluntaria por incompatibilidade

10

***9974**

Fernández Bellas, Ignacio

6

MRC995006127650042

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Mariña Occidental

Servizos periféricos

Viveiro

V-014

Complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade por toxicidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 393,84 €

11

***6706**

Pereira Fresco, Alfredo

25

MRC995019136590081

Bombeiro/a forestal brigada helitransportada

MR

Comarca forestal: Caldas-O Salnés

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

V-014

Laboral fixo-descontinuo; complemento salarial de singularidade por perigosidade; complemento salarial de singularidade por toxicidade; complemento salarial de singularidade de especial dedicación; complemento salarial de singularidade por penosidade; B12 = 1.160,46 €

12

***4213**

Maceiras Suárez, Manuel

Excedencia voluntaria por incompatibilidade

13

***7459**

Poncelas Méndez, Eduardo

7

MRC995007127060049

Bombeiro/a forestal

MR

Comarca forestal: Os Ancares

Servizos periféricos

Becerreá